Miranda, Xosé

Miranda2
Miranda, Xosé

Xosé Miranda (Lugo, 1955) estudiou bioloxía e é profesor de ensino medio na súa cidade natal. Incorporouse á literatura galega a través do premio de relatos breves Modesto R. Figueiredo, no que foi distinguido en 1988 e 1989. Xa en 1990 conseguiu o premio Manuel García Barros por Historia dun paraugas azul (1991), unha novela de impronta cunqueiriana que suscitou un grand einterese entre a crítica. Despois publicou a colección de relatos A biblioteca da iguana (1994) e, en 1999, coa novela Morning Star obtivo o premio Xerais. Tamén é coautor, xunto con A. Reigosa e X. R. Cuba, da serie Contos marabillosos e do Diccionario dos seres míticos galegos. Xosé Miranda dedícase, ademais da narrativa, tamén á poesía, xénero no que se insiren os libros Amantes e viaxeiros (1996, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), Sonetosfera (1996), Carozo azul (1996) e Permiso para o corso (1997, Premio Esquío). En 2006 publica con Galaxia Lúa e os nubeiros.

As súas obras

Lúa e os nubeiros
lua
11.80€ CON IVE
Infancia e desventura de Lino Carrán
foto
17.40€ CON IVE