Estás aquí:

Código: 1759

Lúa e os nubeiros

11,80  IVE INCLUIDO
Quen lle ía dicir a Lúa que aquel día que comezara coma outro calquera remataría de forma tan inesperada? En primeiro lugar, viaxou cun nubeiro. Que que é un nubeiro? Iso eche longo de contar. De todos modos, por moi excitante que pareza, os nubeiros non sempre se portan ben cos nenos. O que capturou a Lúa, de feito, portouse rematadamente mal. Aínda bo é que chegaron para rescatala dous nenos que... Pero para saberes como se desenvolve esta historia fantástica o mellor é lela.
Xosé Miranda naceu en Lugo, estudou Bioloxía e é profesor de ensino medio na súa cidade natal. Á parte das leis biolóxicas sempre lle gustou tamén a literatura e, de feito, xa leva máis de dez anos adicándose a escribir: novelas, relatos, poemas, e mesmo dicionarios! Algo que lle interesa especialmente son as historias fantásticas de cousas marabillosas e a presenza do estraño neste noso mundo. O seu labor literario xa lle valeu bastantes premios. Recibiu o Modesto R. Figueiredo dúas veces, o Manuel García Barros, o Xerais, o Eusebio Lorenzo Baleirón, o Esquío..., como vedes toda unha restra deles. Pero o mellor premio é a resposta dos lectores e, en canto iso, tampouco hai queixa, pois varios dos seus libros editáronse máis dunha vez.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 128
Deseño: Rústica
Data Publicación: 08/06/2006
Dimensións 20 x 12,80 cm mm.
Colección: Árbore a partir de 12 anos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-919-1
Observacións:

AUTORES/AS

Miranda, Xosé
Miranda2

Xosé Miranda (Lugo, 1955) estudiou bioloxía e é profesor de ensino medio na súa cidade natal. Incorporouse á literatura galega a través do premio de relatos breves Modesto R. Figueiredo, no que foi distinguido en 1988 e 1989. Xa en 1990 conseguiu o premio Manuel García Barros por Historia dun paraugas azul (1991), unha novela de impronta cunqueiriana que suscitou un grand einterese entre a crítica. Despois publicou a colección de relatos A biblioteca da iguana (1994) e, en 1999, coa novela Morning Star obtivo o premio Xerais. Tamén é coautor, xunto con A. Reigosa e X. R. Cuba, da serie Contos marabillosos e do Diccionario dos seres míticos galegos. Xosé Miranda dedícase, ademais da narrativa, tamén á poesía, xénero no que se insiren os libros Amantes e viaxeiros (1996, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), Sonetosfera (1996), Carozo azul (1996) e Permiso para o corso (1997, Premio Esquío). En 2006 publica con Galaxia Lúa e os nubeiros.

As súas obras

Infancia e desventura de Lino Carrán
foto
17.40€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore a partir de 12 anos

A brava Sofía
brava sofia
esgotado
A casa da Madriña
foto
esgotado
A casiña azul
casiña
14.00€ CON IVE
A chave de ouro
foto
3.00€ CON IVE
A chave dos soños
foto
11.90€ CON IVE
A guía fantástica
foto
3.00€ CON IVE
A longa viaxe
foto
14.00€ CON IVE
A procura de Park
foto
3.00€ CON IVE