Gonda, Araceli

ara
Gonda, Araceli

Araceli Gonda, naceu en Morgadáns case case no día do libro de 1976. Estudou Xornalismo en Santiago, o que a levou á redacción de deportes da Televisión de Galicia. Alí leva once anos, a metade deles presentando distintos informativos. Tamén foi guionista en varias series de televisión, como 4º sen ascensor, Terra de Miranda ou Padre Casares. Con Flisflirisflás entrou no mundo da literatura infantil e atopou un mundo novo. Porque a través da obra de teatro da que naceu o libro, e tamén coa posterior A rebelión do monicreque -as dúas da compañía Matapiollos- descubriu o público máis esixente do mundo, pero tamén o máis agradecido. Así que… quen sabe? Isto pode se-lo comezo dunha gran amizade.

As súas obras

Os amigos de Santi
Os amigos de Santi
8.30€ CON IVE
Area fai seis
area
16.90€ CON IVE
Flis-fli-ris-flás
flis
11.15€ CON IVE