Ramón Villares recibe o Premio Mondoñedo ao Mellor Ensaio da Década

Identidade e afectos patrios de Ramón Villares foi a obra escollida na categoría de Mellor Ensaio da Década no Premio Mondoñedo 10. O premio resolveuse este domingo 13 e a entrega do galardón realizarase o domingo 20 de outubro. Este galardón convoca cada ano unha categoría literaria e valora as obras publicadas na década precedente á convocatoria. […]
Presentación de Co pai, un libro inédito de Xosé Neira Vilas, en Cervo

O día 12 de outubro, ás 20:00 h, realizarase a presentación de Co pai de Xosé Neira Vilas, na cafetería A Sacabeira, en Sargadelos (Cervo). Á mesma asistirán o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo Neira, e o profesor Bernardo Penabade. Textos inéditos Na Habana, en febreiro de 2000, o autor de Memorias […]
Presentación de “Co pai”, unha obra inédita de Neira Vilas

Co pai de Xosé Neira Vilas, foi presentada o mércores 9 de outubro na Cidade da Cultura, no auditorio que lle rinde homenaxe levando o seu nome. No acto asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo, Dores Vilavedra, autora do estudio introdutorio e Víctor F. […]
Presentación A herba de namorar en Santiago de Compostela

O día 10 de outubro, ás 20:00 h, terá lugar a presentación de A herba de namorar de María do Cebreiro na Sala Numax de Santiago de Compostela. Á mesma, asistirán Ismael Ramos, editor do libro e a escritora Berta Dávila. Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa en cincuenta […]
Presentación de Co pai, un libro inédito de Xosé Neira Vilas, en Santiago

O día 9 de outubro, ás 20:00 h, realizarase no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, a presentación de Co pai , un libro inédito de Xosé Neira Vilas. Á mesma asistiran o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo Neira, o secretario de política lingüística Valentín García Gómez […]
170 aniversario do finamento de Edgar Allan Poe

O 7 de outubro de 1849 deixaba a vida, hai 170 anos, en Baltimore un dos máis grandes escritores da literatura universal. Edgar Allan Poe (Boston, 1809 – Baltimore, 1849), escritor, poeta, crítico e xornalista. É un dos mestres do relato breve, un autor fundamental na renovación da novela gótica, e recordado especialmente polos seus […]
Presentación Os anxos indecisos en Ponteareas

O día 5 de outubro, ás 20:00 h, terá lugar a presentación de Os anxos indecisos de Manrique Fernández na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas. Nela intervirá o autor do libro e irá como representación da editorial Francisco Castro, director xeral de Galaxia. Anna R. Figueiredo fará a presentación da mesma. Os personaxes […]
Presentación de Golpistas e verdugos de 1936 en Pontevedra

O día 4 de outubro, ás 20:00 h, terá lugar na sede do Arquivo Histórico Provincial a presentación de Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo de Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez Macho e Iria Morgade Valcárcel. O historiador local Pepe Álvarez será o encargado de presentar o acto, ao que asistirán tanto […]