Chega ás librarías O colapso territorial en Galiza

Estes días comeza a cehgar ás librarías O colapso territorial en Galiza, o libro co que Xosé Constenla gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2017, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro. O xurado […]

Vence o prazo para presentar obras ao I Premio Carlos Mosteiro

Este venres, 1 de xuño, remata o prazo para presentar obras ao I Premio de Literatura Infatil Carlos Mosteiro. Convocado polo Concello da Pobra en colaboración coa Editorial Galaxia e Barbantia, o Premio Carlos Mosteiro nacía hai dous meses con dous obxectivos fundamentais: honrar a figura do escritor finado o pasado xullo de 2017, fortemente […]

Galaxia publica Versogramas: o primeiro documental sobre videopoesía

Estes días comeza a chegar ás librarías galegas Versogramas: un documental creativo arredor do panorama internacional da videopoesía que publica a Editorial Galaxia dentro da súa colección Libro-Cinema. Producido por Esferobite, coa coprodución da Televisión de Galicia, trátase do primeiro documental de longa duración en explorar o fenómeno da videopoesía, un xénero artístico de crecente popularidade, […]

Tres novelas de Galaxia finalistas do Premio San Clemente

O pasado venres, 25 de maio, presentáronse na Secretaría Xeral de Política Lingüística as novelas finalistas da XXIV edición do Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca, e na Editorial Galaxia non poderiamos estar máis felices e orgullosos ao descubrir que os tres títulos finalistas na categoría en lingua galega foron publicados na nosa colección Literaria a […]

Xa podes ver Reivindicando a María Victoria Moreno

Dende hoxe xa podes ver online a través da sección “Á carta” da CRTVG, e tamén na nosa sección de “Materiais”, Reivindicando a María Victoria Moreno un filme documental de Gonzalo E. Veloso corpoducido por Galaxia, Millo Filmes e Televisión de Galicia. Unha oportunidade de ouro para aproximármonos á figura de María Victoria Moreno, homenaxeada […]

Galaxia reedita trinta anos despois Baleas e baleas

En 1988 chegaba ás librarías Baleas e baleas, o primeiro e único poemario en galego asinado por Luisa Castro ata a data, e que reaparece agora trinta anos despois convertido nun libro de culto. Considerado como un dos títulos máis rompedores das últimas décadas do pasado século, o discurso provocador e profético de Baleas e […]

Os nenos da varíola premiada na III Gala do Libro Galego

Onte celebrábase no Teatro Principal de Compostela a III Gala do Libro Galego, convocada polo AELG, AGE e a Irmandade de Librarías de Galicia, uns premios que son xa, dende a súa creación, unha das citas máis importantes do calendario literario do país. E alí soubemos que Os nenos da varíola de María Solar fora escollida […]

Letras Galegas 2018: a festa de María Victoria Moreno!

No 17 de maio de 2018, celebramos a vida e a obra de María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005), quen chegou a Galicia en 1963 tras conseguir unha praza de profesora nun instituto de Pontevedra. A súa identificación co noso país foi tan intensa que de seguida aprendeu galego e […]