Terceira edición para 'Os elefantes de Sokúrov'

Antón Riveiro Coello é un deses novelistas que poden gabarse de ter un público fiel que espera con ganas cada unha das súas novas achegas literarias. E nunca decepciona. E iso é o que explica que, malia ser un título que editamos hai ben pouco, coñeza xa a terceira edición estes días. Unha nova excelente […]

O Lourenço, xograr de Manuel Portas visitou Rianxo

O pasado venres á noite, Manuel Portas presentou o seu Lourenço, xograr, no Auditorio de Rianxo, cunha animada conversa con Maria Xesús Blanco López, Antón Riveiro Coello, Adolfo Muinhos Sánchez e con Vítor Freixanes. Un fermoso acto, organizado por Barbantia. Parabéns e grazas polo traballo realizado a prol da cultura do país. No noso blog […]

A Esmorga. Adaptación dun texto narrativo a un audiovisual

A Agrupación Cultutal O Galo organiza este xoves 28 de xaneiro ás 20h30 no Espazo Etnocultural Vide-Vide (Rúa do Stº Antonio nº1, Santiago) de Compostela un encontro aberto co director de A Esmorga. Ignacio Vilar explicará porque levou a pantala a grande novela de Eduardo Blanco Amor e as dúbidas e problemas con que se […]

Presentación na Coruña do Fontán, de Marcos Calveiro, na Coruña

O escritor Marcos Calveiro presentou a novela Fontán, coa que gañou o Premio de Narrativa Breve Repsol 2015, este xoves día 4 ás 20h15 na librería Suevia da Coruña, acompañado polo membro da Asociación Astronómica Coruñesa Ío, Martin Pawley, e máis polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Trátase da vida novelada de Domingo […]

ONDULACIÓNS ONTOLÓXICAS de María Grandío

No último GRIAL, no apartado de Creación, damos voz á poeta luguesa, nada no 1982, María Grandío e que levan por título, ONDULACIÓNS ONTOLÓXICAS. Dende o seu inicio, a nosa revista quixo servir, tamén, de plataforma para que autores e autoras que andan a comezar a súa andaina literarira, atoparan acubillo onde poder dar a […]

OS ELEFANTES DE SOKÚROV, Mellor Libro de Narrativa 2015

Hoxe, a novela de Antón Riveiro Coello, OS ELEFANTES DE SOKÚROV resultou gañadora do primeiro premio na categoría de MELLOR OBRA DE NARRATIVA. Este é un premio importante na medida en que os que o conceden son as e os internautas a través dos seus votos directamente na web. Felices na Editorial Galaxia por este […]

Novo galardón para O MEU PESADELO FAVORITO de María Solar

Logo de facerse co Premio Lazarillo e entrar na exquisita e esixente selección dos White Ravens,O MEU PESADELO FAVORITO, de María Solar ilustrado por María Lires, vén de ser recoñecido co Premio Fervenzas Literarias 2015 que conceden as lectoras e lectores da revista literaria na rede. Dende a familia da Editorial Galaxia celebramos este premio, […]

Segunda edición para O MEU PESADELO FAVORITO

O venres recibiamos a boa nova de que o libro de María Solar, O MEU PESADELO FAVORITO viña de ser recoñecido polas lectoras e lectores da web Fervenzas Literarias como o Mellor Libro Infantil do ano pasado. A noticia non nos colleu de sopresa pois sabemos da calidade desta historia que publicamos na nosa colección […]