Fina Casalderrey nominada ao Premio Astrid Lindgren

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey e o ilustrador coruñés Miguelanxo Prado figuran entre os candidatos ao Premio Memorial Astrid Lindgren 2.012. Ambos os autores foron propostos por Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e xuvenil). Estes días están a facerse públicas as candidaturas para a edición do 2012 do prestixioso Premio Memorial Astrid Lindgren (ALMA), […]

Querido Tomás

Xosé Neira Vilas é un clásico contemporáneo. A súa voz leva acompañándonos décadas, e como se adoita dicir, é imposible entender a existencia dunha Literatura Infantil e Xuvenil sen o seu concurso fundacional, aquel que conseguiu hai médio século con 'Memorias dun neno labrego'. Outro tanto cabe dicir ao respecto dos outros xéneros, practicamente todos, […]

Presentouse NÓMADES en Santiago

Onte, na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, o debuxante Xosé Tomás presentou 'Nómades', a súa novela gráfica centrado en historias de mulleres inmigrantes que, ademais, inicia unha colección dedicada a este xénero en Galaxia. O autor estivo acompañado polo cineasta Jorge Coira e polo editor da novela, Francisco Castro. Foi este último quen abriu o […]

Ana Romaní, Premio da Crítica por 'Estremas'

Este sábado, e nunha gala á que asistiron arredor de 400 persoas, celebrouse a entrega de premios da Fundación Premios da Crítica. Na modalidade de creación literaria, a obra 'Estremas' de Ana Romaní, foi distinguida como a mellor do ano 2010. Para a escritora e periodista o Premio da Crítica supuxo «unha sorpresa» e explicou […]

"Sinbad", a película inspirada na obra de Cunqueiro chega o cine

Onte, e nas instalacións -como parecía indicar a temática- do Museo do Mar de Vigo, estrouse 'Sinbad', obra dirixida por Antón Dobao e con Xosé Oliveira 'Pico' como protagonista, producida pola TVG e Ficción e baseada na obra de Álvaro Cunqueiro, 'Si o vello Sinbad volvese ás illas'. A partir deste venres poderá verse nas […]

Galaxia no Culturgal

Un ano máis, a nosa editorial terá unha presenza importante no Culturgal, como din os organizadores, "o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade". Neste ano, […]

Medio cento de produtos galegos de calidade

De novo foi o Club Náutico de Vigo o lugar escollido pola nosa editorial para presentar un novo libro-larpeiro, neste caso, o escrito por Tomás Alonso e Víctor López, 'Onde mercan os Larpeiros' e que contou coa participación, canda os autores, do cociñeiro Benigno Campos, o director do programa, Xosé Cermeño, e Víctor F. Freixanes, […]

Presentamos o libro CRIATURAS

Mañá en Santiago, nunha rolda de prensa que terá lugar ás 12:00 h na Biblioteca Novacaixagalicia, Editorial Galaxia e a produtora Pórtico presentan o libro CRIATURAS. Van intervir neste acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Moncho Varela, productor executivo de Pórtico, Rosa Vilas, directora da TVG, e Juan Fuentes, presentador do programa. Xa […]