Libros para ler á luz do verán

Os que somos lectores e lectoras queixámonos en moitas ocasións de non ter tempo para dedicarlle a esa paixón que nos leva a abrir un libro detrás de outro libro e outro máis. Porque hai tantas obras boas e interesantes que ler, e é tan pouco o tempo do que ás veces dispomos, que un […]

LUME DE COBIZA na Feira da Coruña

O acto terá lugar hoxe martes, ás 20:00 horas, na carpa da Feira do Libro da Coruña. O autor estará acompañado por Paula García Márquez, directora de comunicación de Galaxia, e Ángel de la Cruz, director e produtor de cine. A súa produtora ARTEMÁTICA será a encargada de levar ao cine esta novela. O detective […]

Libros dixitais en galego

A edición dixital en galego segue avanzando. Editorial Galaxia puxo no mercado nos últimos meses case un cento de títulos, clásicos e contemporáneos, para a descarga dixital. Unha parte moi importante do crecemento da oferta editorial do ano 2010 (un 28,6 % máis ca no ano anterior) débese a esta iniciativa da nosa editora, que […]

Álbumes para afrontar os cambios

Xa están nas librerías de todo o país os dous novos álbumes ilustrados que veñen de sair do noso prelo. Por unha banda, publicamos o libro da xornalista e escritora María Solar, 'Vou ter un irmán!', ilustrado por Xosé Tomás e, por outro, o novo de Araceli Gonda, 'Area fai seis', coas ilustracións de María […]

Un mural para Neira Vilas

Será mañá, na Biblioteca Anxel Casal e dentro dos actos de homenaxe ao autor, hai medio século xa, de 'Memorias dun neno labrego', Xosé Neira Vilas, cando se inaugure un mural dedicado a el e a súa obra e no que participaron nenos entre 4 e 11 anos e que acompañará á exposición titulada 'Querido […]

Escaparate literario de obras galegas en Italia

Damos comezo á nova tempada literaria facéndonos eco dunha boa nova que nos chega dende Italia e que supón un apoio importante para a visibilidade da nosa literatura. A través da web www.insulaeuropea.eu/ un grupo de estudosos de diversas literaturas europeas coordinado polo profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Perugia Carlo Pulsoni propoñen diferentes […]

Booktrailer de 'Vou ter un irmán'

Hai uns días informabamos da chegada ás librerías dun curioso álbum, escrito por María Solar e ilustrado por Xosé Tomás e que titulamos 'Vou ter un irmán!!!", un texto divertidísimo no que a autora nos conta a historia dunha cativa que vai ser sacudida por un acontecemento familiar inagardado como é a chegada dun irmán. […]

Inauguración de NO NIÑO NOVO DO VENTO

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Editorial Galaxia e Fundación Penzol, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, presentan esta exposición conmemorativa do centenario de Álvaro Cunqueiro. ‘No niño novo do vento’ estrutúrase en cinco grandes apartados, que describen o universo cunqueirano a través de elementos tan íntimos como a reprodución do seu escritorio […]