Segunda edición para 'O lobishome de Candeán'

Estes días chegou ás librerías a segunda edición da novela 'O lobishome de Candeán', de Paula Carballeira, novela de misterio, de lobos e de noites tebrosas que está a gozar dun grande éxito entre a mocidade galega. Dende o intre da súa publicación converteuse nun texto favorito nos institutos e colexios de Galicia. Nestes tempos […]

Dickens, 200 anos despois

Antonte cumpríronse dous centos anos do nacemento do escritor inglés Charles Dickens. O seu 'Oliver Twist', está considerada unha das obras máis importantes da historia, en especial polo poderío narrativo do seu arranque, evocador como poucos. As principais editoriais do mundo dedicarán este ano importantes esforzos a reinvindicar a figura do narrador británico. Dende Galaxia, […]

Décima edición para 'Ollos de auga'

O ano comezaba coa chegada ás librerías da décima edición de 'Ollos de auga', a primeira das obras protagonizadas polo xa máis que famoso inspector Leo Caldas, nacido da imaxinación do escritor vigués Domingo Villar. Dende o momento primeiro da súa saída, a obra foi colleitando o favor dos lectores e lectoras os cales, axiña, […]

Nomeamentos en Galaxia

Editorial Galaxia S.A., Merlín Comunicación S.L. e algunhas das Fundacións relacionadas coa editora están a proceder a un proceso de restruturación e actualización dos seus consellos. Unha das primeiras medidas foi o nomeamento de Xaime Isla Couto como Presidente de Honra das devanditas empresas e da Fundación que leva os apelidos da súa familia. Blanca […]

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Do 4 ao 31 de marzo terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. O tema deste ano é 12 + 1; o Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas […]

María Teresa Andruetto, Premio Andersen 2012

Estes días nos que a editorial Galaxia estivo a participar na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, deuse a coñecer o fallo do Premio Andersen, considerado unanimemente como o Premio Nobel para ese chanzo de idade. María Teresa Andruetto, a escritora arxentina da que no noso catálogo temos a súa novela, publicada en […]

Presentación de 2044 no Salón do Libro de Pontevedra

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebra no Pazo da Cultura ata o vindeiro 31 de marzo, acolle hoxe ás 19:00 horas a presentación da primeira novela de Eduardo Santiago, 2044. Ano 2044. Achégase o aniversario de Lena. Cal será a sorpresa preparada para os amigos e as amigas polo […]

Presentación en Ourense de LAURA NO DESERTO

O escritor Antón Riveiro Coello presenta a súa última novela, Laura no deserto. Estará acompañado por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Serafín Alonso Pintos, profesor de Lingua Galega e Literatura. A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa […]