Presentouse a obra gañadora do XI premio Ramón Piñeiro de ensaio

A undécima edición deste premio foi convocada conxuntamente por Cultura e Educación, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e por Galaxia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa. No acto de presentación, nunha ateigada Libraría Pedreira, participaron o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Garcia, o director xeral de Galaxia, Víctor […]

Galaxia inicia as «Grandes biografías» con MURGUÍA de Xosé Ramón Barreiro

"Manuel Murguía deixa o legado dun sentimento de comunidade, atemporal e integrador, un tesouro que non todos os pobos teñen". Con estas palabras o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo dar as grazas "por este inapreciable regalo" ao destacado galeguista e quixo, tamén, facelas extensivas a Xosé Ramón Barreiro pola biografía Murguía, "un libro […]

'Futuro imperfecto' de Xulia Alonso, premio Frei Martín Sarmiento

Onte fallouse, na súa categoría máis alta, o Premio Frei Martín Sarmiento, un galardón que recoñece as mellores obras publicadas durante os dous anos anteriores a xuízo dos escolares galegos. Xa que logo, un galardón de gran altura porque significa o refrendo da calidade por parte de lectores e lectoras que teñen a oportunidade, por […]

Festa grande en Trasalba

Foi un día grande, coa casa de don Ramón chea de xente e de agarimos. Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923) recibíu o Premio Trasalba na súa trixésima edición por toda unha vida dedicada á docencia, polo seu compromiso con Galicia, pola tradición galeguista propia e familiar, polo seu labor como ensinante (formadora de varias […]

Hoxe en Compostela, proxectamos DÚAS LETRAS

O acto, que terá lugar ás 20:30 h no Salón Teatro (rúa Nova, 34), contará coa participación do director e da guionista que presentarán o libro e darán paso á proxección da película. A entrada é de balde ata completar o aforo da sala. Editorial Galaxia vén de publicar Dúas letras, a película de Eloy […]

Presentouse 'O neno can' en Vigo

O pasado venres, os escritores Fina Casalderrey e Francisco Castro presentaron, no marco da Feira do Libro, acompañados do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e de Marisé Pérez Mariño, secretaria do comité de UNICEF en Vigo, o libro 'O neno can'. No noso blogue deixamos un completo álbum de fotos da xornada.

Neira Vilas e Antía Cal na Feira do Libro de Vigo

A súa última novela, "Esperando ao leiteiro" está a ser un dos libros máis solicitados, auténtico acontecemento das nosas letras, na liña xa coñecida dun dos nosos autores máis celebrados. Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o […]

Inma López Silva presenta TINTA en Vigo

A escritora Inma López Silva presenta o seu novo libro de relatos, 'Tinta'. Estará acompañada polo director literario de Galaxia, Carlos Lema e o profesor Xesús Alonso Montero. Estamos diante dun libro de relatos nos que agroma a semente dalgunha novela xa publicada a carón do paseo, páxina a páxina, de criminais encantadores, soñadoras de […]