Suspendido o acto de entrega da Medalla de Galicia

Despois do grave accidente ferroviario do pasado mércores, a Xunta de Galicia decidiu desconvocar o acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia que ía recibir, ao tempo que a ONCE e Ceferino Díaz a título póstumo, a Fundación Penzol. A data de entrega e celebración do acto comunicarase en días vindeiros.

Galaxia, Premio Fernández Latorre 2013

"O Padroado da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, constituido en xurado para fallar o LV Premio Fernández Latorre, instituido en memoria do fundador de La Voz de Galicia, acordou conceder por unanimidade o Premio Fernández Latorre na súa edición do 2013, dotado con 10.000 euros, á Editorial Galaxia", di literalmente a acta da concesión. "O Xurado […]

O luns comeza a Semana da música infantil na Feira do Libro da Coruña

Este venres dá comezo na Coruña a Feira do Libro. E como todos os anos, a nosa editorial vai ter un protagonismo moi importante, destacando moi en especial a Semana da Música Infantil na Feira do Libro baixo do título xenérico de ‘Lemos, cantamos, gozamos’. E así, dende o día 5 ata o 10, artistas […]

Cociña na Feira do Libro da Coruña

'A cociña dos Cunqueiro' o domingo, e 'As lambetadas de LARPEIROS' o luns, serán dúas das primeiras presentacións que a Editorial Galaxia organiza no marco da Feira do Libro da Coruña. Así, o domingo, ás 20.30 horas presentaremos 'A cociña dos Cunqueiro', de Elvira González-Seco Seoane. No acto participarán César Cunqueiro, autor do limiar e […]

'Bícame Frank' e 'Rosalía pequeniña', o martes na Feira da Coruña

Mañá martes, e como todos os días da Feira do Libro da Coruña, a editorial Galaxia terá unha importante presenza. Hai dúas citas, ben distintas, programadas para as 20 horas. Por unha banda, e dentro da carpa infantil e do programa 'Lemos, cantamos, gozamos' contaremos coa presenza de Uxía quen presentará, cun pequeno concerto en […]

Olladas arredor da situación

O novo número da revista GRIAL aborda a cuestión da crise, que non é só económica e financiera. A crise, que (oficialmente) dende o ano 2008 vén conmocionando os mercados, é bastante máis ca unha crise económica e financiera. En moitos aspectos é unha crise moral, política, institucional, psicolóxica, social, cultural, demográfica e tecnolóxica que […]