Eva Crespo cociñará no Fórum Gastronómico da Coruña o luns

O vindeiro luns, a cociñeira e autora do libro 'Cociñar con algas', Eva Crespo, realizará dous "showcooking", con maridaxe de viño galego incluído, preparando, en directo para todos os que se acheguen polo Fórum Metropolitano, algúns dos pratos con algas presentes no seu libro editado por Galaxia e seleccionado, xunto con 'A cociña dos Cunqueiro' […]
A Editorial Galaxia súmase a #operacionbloomsday

O Pub Dublín da Coruña (R/ Panaderas, 50. A Coruña) e Polisemias, en colaboración coa Editorial Galaxia, botan a andar a #operacionbloomsday, un concurso co que poderás gañar unha viaxe a Dublín. O único requisito é saber ler e escribir. E gustar moito de Joyce. Na ligazón á dereita destas liñas poderás atopar as bases […]
'O agasallo de Anya': o vídeo

O pasado mércores, en Lugo, a escritora Sabela Núñez Singala presentaba, nunha librería Biblos que quedou pequena para tantísima xente como acodiu á presentación, a súa primeira novela, 'O agasallo de Anya'. Co gallo do evento, estreóuse un clip preparado pola propia autora na que, dalgunha maneira, nos explica o nacemento deste libro que naceu […]
Presentouse o Roteiro Casares en Ourense

O sábado 8 de marzo presentouse no Liceo de Ourense o "Roteiro pola vida e obra de Carlos Casares", un itinerario de 19 puntos da cidade relacionados coa súa vida e a súa obra. No acto interviñeron Xavier Casares e Xosé Manuel Soutullo, en representación das tres entidades promotoras: o Liceo de Ourense, a Fundación […]
Xornada de debate arredor do libro 'Para que nos serve Galiza?' en Ourense

O libro co que Xaime Subiela gañou o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2012 sigue a ser materia de debate en todos os puntos do país. Desta volta, será na cidade de Ourense, no Liceo. O autor estará acompañado por Xosé Ramón Quintana Garrido, Xosé Manuel Pérez Bouza e Iolanda Pérez Docampo. No ensaio reflexionase […]
Os 50 anos da revista GRIAL en 'El siglo de Europa'

Na ligazón da dereita deixamos, en formato PDF, a reportaxe, en tres páxinas, que a revista 'El siglo de Europa' dedicou aos 50 anos da revista GRIAL, e na que se ofrece unha longa e completa entrevista cos dous co-directores da publicación, Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo. Na mesma, reflexionan arredor do país e […]
Roteiro literario en Ourense arrededor da memoria de Carlos Casares

Durante 17 anos foi director da Editorial Galaxia, e dende 1989 ata o seu falecemento en 2002 director da revista GRIAL, mais sobre todo foi una das personalidades máis activas da vida cultural da Galicia do derradeiro tercio do século XX e unha das figuras máis sobranceiras das nosas letras. Os libros de Carlos Casares, […]
Presentación de 'A lúa da colleita' de Anxos Sumai en Santiago

Este mércores presentarase en Santiago a novela gañadora do Premio de Novela Manuel García Barros 2013 e que recaeu na obra de Anxos Sumai, 'A lúa da colleita'. Participarán no acto, xunta a autora, o escritor Xosé Monteagudo e o director literario de Galaxia, Carlos Lema. Preguntada a autora sobre como definiría o libro, di: […]