O vindeiro domingo comeza a Feira do Libro da Coruña, sen dúbida, unha das citas inexcusables do estío cultural galego. De seguido, os actos que desenvolverá a nosa editorial no encontro literario herculino.
Domingo 1 de agosto, ás 13.30 h. Pregón a cargo de César Antonio Molina. Ás 19.00 h asinará exemplares das súas obras, entre elas o poemario Eume.
Luns 2 de agosto, ás 20.00 h. Presentación de O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro. Participan Víctor F. Freixanes, Dores Tembrás e o autor.
Martes 3 de agosto, ás 19.30 h. Benigno Campos asinará exemplares do seu libro A cociña de Larpeiros.
Mércores 4 de agosto, ás 21.00 h. Presentación da revista GRIAL 186: Luís Seoane entre dúas culturas. Participan Víctor F. Freixanes, Henrique Monteagudo, Ramón Villares e Xosé Díaz.
Xoves 5 de agosto, ás 20.00 h. Presentación da nova novela de Xosé Carlos Caneiro, Un último destino. Participan Víctor F. Freixanes, Xosé Luís Vilela e o autor.