A tradución de Ramón Nicolás de BISA BEA, BISA BEL entra na Lista de Honra de IBBY

Categoría: Nova

Onte coñecemos que a tradución que Ramón Nicolás fixo do libro de Ana María Machado, BISA BEA, BISA BEL entraba na Lista de Honra de IBBY, prestixioso recoñecemento que recolle as mellores producións, neste caso referida á tradución, do mundo nas distintas linguas.
Ramón Nicolás foi o encargado de traducir este libro da autora brasileira, todo un clásico no seu país onde leva vendidos varios millóns de exemplares. Dende que o publicamos no noso catálogo, nesta tradución agora internacionalmente recoñecida, o favor do público galego é tamén unánime, algo que, sen dúbida, ten moito que ver co talento do tradutor.
Felices na familia de Galaixa por este éxito do profesor, crítico e tradutor Ramón Nicolás.

Comparte nas túas redes sociais ou por email