Diálogo difícil, en palabras do director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, que participou no Congreso. Unha asignatura pendente que, malia algúns pasos que se deron na década dos anos 80 (a chamada experiencia Verines), hoxe está esmorecido. Carmen Riera polas letras catalanas, Arantxa Urretabizcaia pola literatura en éuskaro e Luis González Tosar polas letras galegas, participaron na palestra, xunto con Freixanes, que actuou como moderador. No xornal catalán La Vanguardia pódese ler un atinado resumo do acontecido.