Primeiro será en Madrid, o vindeiro xoves nos Cines Renoir-Princesa ás 22 h e, logo, coa medianoite, coloquio co director, Ignacio Vilar, e os actores Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira e Karra Elejalde. Logo, o 5 de maio, será en Barcelona.
A ESMORGA, coproducida por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG, aspira así pois a colleitar o mesmo éxito no resto do estado que o conseguido dentro de Galicia.
Méritos, non lle faltan.
Estamos certos de que a resposta do público español será idéntica á de Galicia. A obra de Blanco Amor, revisitada polos ollos de Ignacio Vilar e o seu equipo, ben o merece.