Adaptado á lectura fácil por Lucía Gomez Álvarez
Balbino é un rapaz da aldea de mediados do século XX que observa o mundo que o arrodea e adoece por entendelo, pero ninguén lle dá as respostas que precisa.
Velaquí unha das obras fundamentais da literatura galega contemporánea, o máis lido e o máis traducido, agora adptado á lectura fácil.

Naceu no ano 1988 na Coruña, pero ten as súas raíces na montaña lucense, feito que, sen dúbida, marca a súa vida.
Estudou Logopedia e Maxisterio (Audición e Linguaxe). É especialista en sistemas alternativos e aumentativos de comunicación, posto que a súa vida laboral sempre estivo vencellada á educación de alumnando con autismo.
Entre as súas afeccións están o debuxo, a pintura e a fotografía, xunto co seu traballo.
Poder darlles forma a todas as súas paixóns nun libro é algo tan marabilloso que parece irreal, e na súa primeira obra é capaz de combinalas todas.

Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega.
Ao longo da súa vida Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010. En 2014, recibiu, na modalidade de Letras, o Premio da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia e en 2015, a Medalla de Ouro de Galicia.