Estás aquí:

Código: 1456

Harry Potter e o Cáliz de fogo

23,65 € IVE INCLUIDO

Continúan en galego as aventuras de Harry Potter. Desta volta, en novembro do 2005, Editorial Galaxia publica Harry Potter e o Cáliz de fogo, máis de 600 páxinas de misterio e fantasía.

Esta novela de J. K. Rowling conta como Harry devece por rematar as vacacións do verán para comezar o cuarto curso na escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Xusto nese momento convídano a asistir á Copa do Mundo de Quidditch e as cousas comezan a complicarse.

A maga "Rowling" sabe apaixonar os lectores e lectoras ao tempo que esperta o seu interese cunha historia que recolle gran parte do herdo da literatura, esa longa tradición que comeza nos contos populares e que, pasando polos orfos de Dickens, chega ata o mundo mítico de Tolkien e a rebordante fantasía de Roald Dahl. Nesta aventura Harry vai empezar o cuarto curso na escola de Maxia; o verán estáselle a facer eterno, non só porque estraña os seus mellores amigos, Ron e Hermione, se non tamén polo moito que lle tarda escaparlles aos insoprtables dos Dursley. Por iso tolea de alegría cando lle din que os últimos días das vacacións os ha pasar na casa de Ron para asistir á Copa do Mundo de Quidditch. Mais seica a Harry nunca lle deixan de saír os problemas ao camiño. E desta volta parece que son máis graves ca nunca ...

Editorial Galaxia publicou anteriormente en galego os tres primeiros títulos da serie: Harry Potter e a pedra filosofal, Harry Potter e a cámara dos segredos e Harry Potter e o preso de Azkaban.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 640
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 09/11/2005
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Harry Potter
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-819-4
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Rowling, J. K.
JKR Children's Credit Debra Hurford Brown

J. K. ROWLING é autora da popular saga de libros de Harry Potter.

Despois de que a idea se lle ocorrese nunha viaxe en tren atrasado en 1990, axiña comezou a bosquexar e redactar a historia dos sete libros. O primeiro, Harry Potter e a pedra filosofal, sairía ao mercado no Reino Unido en 1997. Tras dez anos de traballo, en 2007 publicou Harry Potter e as reliquias da morte, o derradeiro libro da colección.

Para ampliar a serie, Rowling escribiu tres volumes complementarios: Quidditch Through the Ages, Fantastic Beasts and Where to Find Them e The Tales of Beedle the Bard, en apoio a Lumos, organización benéfica comprometida coa infancia que ela mesma fundou. Tamén contribuíu á creación da obra teatral Harry Potter and the Cursed Child, que foi publicada como guión.

Os seus libros infantís inclúen tamén os contos de fadas The Ickabog (2020) e The Christmas Pig (2021), que se converteron en best-sellers. Ademais é autora de novelas para público adulto, incluída a serie de novela negra Cormoran Strike, publicada baixo o pseudónimo de Robert Galbraith, que foi todo un éxito de vendas

J.K. Rowling recibiu numerosos premios pola súa obra escrita. Mediante a súa fundación benéfica Volant, apoia diversas causas humanitarias.

Para saber máis sobre a autora, visita www.jkrowlingstories.com

As súas obras

Harry Potter e a Cámara dos Segredos
camara
16.65€ CON IVE

COLECCIÓN

Harry Potter

Harry Potter e a Cámara dos Segredos
camara
16.65€ CON IVE
Harry Potter e a Orde do Fénix
harry
24.85€ CON IVE
Harry Potter e a pedra filosofal
pedra
Harry Potter e as reliquias da morte
harry
27.15€ CON IVE
Harry Potter e o Cáliz de fogo
Harry Cáliz de fogo
23.65€ CON IVE
Harry Potter e o misterio do príncipe
misterio
24.55€ CON IVE
Harry Potter e o preso de Azkaban
harry potter e o preso de azkaban
19.00€ CON IVE