Homenaxe a Alfonso Zulueta, en Vigo

Categoría: Nova

O mércores 18 de decembro celebrarase, ás 19 horas, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, de Vigo, sede da Fundación Penzol, un acto de homenaxe a ALFONSO ZULUETA DE HAZ con motivo do centenario do seu nacemento, en 1924. No transcurso do acto presen- tarase o libro Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida, coeditado por Editorial Galaxia, Editorial SEPT e a Fundación Penzol.

Na homenaxe intervirán: Manuel Puga, presidente do Padroado da Fundación Penzol; Silvestre Gómez Xurxo, presidente de SEPT; Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.

ALFONSO ZULUETA DE HAZ (1924-2017) foi persoa de fondas conviccións e compro- misos: desde o Cineclub e o Ateneo de Pontevedra ata a creación, xunto coa súa dona, María Teresa Fernández Cabaleiro, da Asociación Juan XXIII para a atención de discapacitados intelectuais e a Fundación Sálvora, de asesoramento das súas familias, ata as presidencias do Partido Galego Socialdemócrata (PGSD), o Consello Social da Universidade de Vigo, o Consello da Cultura Galega, de Editorial SEPT e da Fundación Penzol. Tamén foi vicepresi- dente de Editorial Galaxia e colaborou noutras moitas entidades de tipo social e cultural.

Comparte nas túas redes sociais ou por email