No pasamento de Darío Xohán Cabana
Esta noite deixounos Darío Xohán Cabana, membro da RAG, escritor, tradutor e unha das persoas máis relevantes da cultura galega das últimas décadas. Aínda hai uns días saía do prelo a súa tradución derradeira na Editorial Galaxia, Xácome o fatalista que publicamos na nosa colección Literaria. Poeta delicado, coñeceu o favor do público coa súa novela […]
“Demerara” é finalista no Prêmio São Paulo de Literatura
A novela Demerara, do xornalista e escritor Wagner G. Barreira é finalista no prestixioso Prêmio São Paulo de Literatura na categoría de “Melhor Romance de Estreia do Ano de 2020”, entre as 21 obras seleccionas nesta XIV edición. A Editorial Galaxia publicou o libro do autor brasileiro, traducido do portugués por Leandro García Bugarín, que rescata […]