Hai tempo…

Hai tempo, foi algo vivido, noutro momento foi algo esquecido, dende hai tres anos transformouse nun tsunami e, por fin, fíxose materia en forma de libro e de disco; son e foron cinco anos da miña vida. Cantaban The Byrds: “Turn Turn Turn”, todo semella unha longa espiral que xira ao redor do “horizonte de […]

Xosé Antonio López Silva

Dicía Ortega y Gasset nas frases de apertura de Literatura europea e Idade Media Latina do humanista alemán Erns Robert Curtius, que un libro de ciencia ten que ser de ciencia, pero por enriba de todo tamén ten que ser un libro. Lembrei esa frase mentras remataba a lectura de A cociña dos Cunqueiro, de […]

Xosé Carlos Caneiro

Poucas veces sentín tanto gozo coa edición dun libro. Emocioneime ao acariñar coas miñas mans o texto que hoxe comento. Parecía que era Ulises, en volume Gutenberg, quen estaba fronte a min. Contemplaba o perfil de James Joyce na capa do libro magno, antiparras redondas, barba rala, peiteado cara atrás, man dereita caída e a […]

María Fumaça en Vigo

O tren musical de María Fumaça chega a Vigo, ao Auditorio Mar de Vigo o 4 de xaneiro ás 18,30 horas. O prezo das entradas será de 5 euros e poden adquirirse dende a web de www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500 'María Fumaça' é un espectáculo baseado no libro-disco-DVD editado por Galaxia e […]