Descarga de balde un capítulo de "Bícame, Frank"
Como todos os meses, dende a web da Editorial Galaxia activamos o Libro do Mes, unha iniciativa que permite a descarga de balde de partes dunha obra que veña de sair do prelo. Desta volta, o libro escollido é 'Bícame, Frank', a nova novela do escritor Miguel Anxo Fernández e que volve estar protagonizada polo […]
"Unha obra para un país" en Santiago de Compostela
Este luns tivo lugar no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela a inauguración da mostra "Unha obra para un país. Fermín Penzol (1901-1981) – Francisco Fernández del Riego (1913-2010)" na que interviron Xesús Vázquez, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais Francisco Durán, vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela, en representación […]
Xa está activa a web de AS CRÓNICAS DE LANDEREINA
Os seguidores da triloxía fantástica creada por Sabela González, AS CRÓNICAS DE LANDEREINA teñen, dende hoxe martes, dispoñible na rede unha web dedicada aos tres libros. Hai unhas semanas saiu do prelo, e xa está a ser un importante fenómeno de vendas, 'Bágoa de lúa', o primeiro dos tres desta historia protagonizada pola amazona Berenguela. […]
Sete títulos de Galaxia entre os dez máis vendidos na Feira do Libro de Vigo
Xurxo Patiño, coordinador da Feira do Libro de Vigo que onte pechou as súas portas, comenta hoxe nas páxinas de 'La Voz de Galicia' os resultados referidos ás vendas e aos títulos máis solicitados. Entre os máis vendidos destaca, entre os dirixidos ao público adulto, 'Bícame, Frank' de Miguel Anxo Fernández. No chanzo referido aos […]
Inaguración da exposición UNHA OBRA PARA UN PAÍS FERMÍN PENZOL (1901-1981) / FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO (1913-2010) en Santiago de Compostela
A exposición "Unha obra para un país. Fermín Penzol (1901-1981) / Francisco Fernández del Riego (1913-2010)" pretende conmemorar dúas importantes efemérides que se celebran neste ano 2013: O Cincuentenario do nacemento da Fundación Penzol e mais o Centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego. A Fundación Penzol constitúese en Vigo en abril de 1963 […]
Presentouse Bágoa de Lúa en Vigo
O pasado sábado, e pechando os actos organizados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo, presentamos o primeiro tomo da triloxía fantástica, obra da escritora Sabela González, AS CRÓNICAS DE LANDEREINA. No acto a autora estivo acompañada pola escritora Ledicia Costas e o editor Francisco Castro. A carpa quedou chea de amigos e […]
Presentación de 'Bágoa de lúa', primeiro tomo da triloxía AS CRÓNICAS DE LANDEREINA de Sabela González
Este sábado presentamos, ás 20 horas, na Feira do Libro de Vigo, BÁGOA DE LÚA, o primeiro tomo da triloxía fantástica escrita por Sabela González, AS CRÓNICAS DE LANDEREINA. No acto, acompañará a autora, a escritora Ledicia Costas e o editor Francisco Castro. No libro fálasenos d reino de Landereina, que agora está en perigo. […]
Conversas, baile e danzas na Feira do Libro de Vigo
Este venres a Editorial Galaxia ten previsto desenvolver un programa moi ambicioso dentro do marco de actividades da Feira do Libro. Tres accións para atender a todos os chanzos de idade e todos os intereses posibles. Así, ás 20 horas celebrarase o acto titulado ‘A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a […]