"La Habana Flash": crónica cubana e galega

"La Habana Flash" foi un libro que, cando saiu orixinariamente do prelo de Galaxia, no ano 1998, xa chamou poderosamente a atención pola actualidade dos debates que propuña. Con aquel texto, Alcalá ofrecíanos, desde a súa persoal ollada un relato no que quixo darlle voz a algúns dos moitos galegos que aínda seguen vencellados en […]

Os Maios. San Xoán. Preparando as festas da luz

Estes días chegarán ás librerías dous novos títulos da colección "Pimpín, por aquí non vin", serie de libros-acordión ilustrados por Jacobo Fernández e que trala publicación de "O nadal", "O samaín" e "O magosto", pretenden achegar dun xeito lúdico e interactivo as nosas tradicións aos máis pequechos da casa. Nesta ocasión chegan "Os Maios" e […]

As laranxas seguen sendo as máis laranxas

Estes días chega de novo ás librerías de Galicia "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", obra de teatro de Carlos Casares nunha nova edición en Árbore Laranxa coas clásicas e vistosas ilustracións de Luís Seoane. Este libro, editado por primeira vez en 1973 é con diferenza a obra de literatura dramática para cativos […]

Unha boa colleita editorial

Un ano máis e como xa é tradicional, a Asociación de Escritores en Lingua Galega deu a coñecer o nome dos autores, autoras e títulos finalistas como mellores libros do ano. A nosa editorial opta con nove candidaturas a moitos dos premios. Así, Miguel Anxo Murado por "Fin de século en Palestina" e Xan Fraga […]

"O prodixio dos zapatos de cristal" entra na lista White Raven 2009

A prestixiosa Internationale Jugendbibliothek München, un dos principais referentes mundiais na atención ao libro infantil e xuvenil, fixo pública a relación de libros seleccionados pola súa especial calidade, a The White Ravens List 2009, que se presentará na Bologna Children's Book Fair 2009. Nesta edición, a biblioteca alemá destaca 250 títulos publicados no 2008 en […]

Libros para Piñeiro

A Editorial Galaxia presentará hoxe ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, tres novas publicacións que nos van permitir coñecer mellor a figura inmensa de Ramón Piñeiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Por unha banda, presentaremos o libro DO SENTIMENTO Á CONCIENCIA DE GALICIA. CORRESPONDENCIA 1961-1884. BASILIO LOSADA e RAMÓN […]

Unha lingua para todos

Hoxe, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, leu o comunicado do Plenario no que reflexiona arredor da lingua de nós. Dende a nosa web e o noso blog pode descargarse en formato PDF este importante comunicado que gravita arredor de cinco puntos esenciais: 1. A lingua galega é unha riqueza, patrimonio común […]

Editorial Galaxia celebra o Ano Ramón Piñeiro

Comisariada polos profesores Henrique Monteagudo e Carlos Fernández, a exposición "Ramón Piñeiro (1915-1990). Olladas no futuro" inaugurarase o próximo día 15, venres, na sala Uxío Novoneyra en Lugo, coa presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e viaxará despois polas cidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, onde cerrará o ano. Dous meses […]