Dicía Italo Calvino que é un clásico é un libro que sempre ten algo que dicir para un tempo actual. Dalgunha maneira, esa é unha premisa que se cumpre neste 'Os outros feirantes' de Álvaro Cunqueiro que estes días volve saír do prelo da Editorial Galaxia para nutrir os andeis das librerías galegas onde non deixa de venderse ano tras ano. Por iso é un clásico.
En 'Os outros feirantes' Cunqueiro fainos viaxar por unha mestura de personaxes, metade de verdade metade fantasía pero, en calquera caso, sempre verdadeiros grazas á maxia do de Mondoñedo.