Pódese visitar ata o 31 de decembro no Museo do Pobo Galego.
Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia organizan esta exposión sobre a figura e a obra de Ramón Piñeiro, autor a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. Os comisarios da mesma son Henrique Monteagudo e Carlos Fernández.
Nesta mostra preséntanse escritos, cartas, fotografías e efectos persoais do intelectual, nun afán de honrar unha vida de dedicación e loita pola cultura e o idioma galegos.
A exposición é un percorrido pola vida e obra de Piñeiro, adornado con imaxes e citas dos feitos históricos máis importantes da nosa historia e que rodearon a figura do escritor.
Entre outras interesantes propostas tamén se pode observar a recreación da emblemática mesa braseiro pola cal pasaron moitos dos persoeiros máis destacables da cultura e política galegas.
Dende a portada da nosa web podes acceder virtualmente a todos os contidos da exposición.