'Laura no deserto' de Antón Riveiro Coello, candidata ao Premio Casino de Santiago

Categoría: Nova

Xa hai finalistas para a décima edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que recoñece as mellores novelas europeas do ano. Nesta edición, 'Laura no deserto' de Antón Riveiro Coello atópase entre as seleccionadas.
Terá que competir coas obras 'De vidas ajenas', de Emmanuel Carrère, editada por Anagrama, 'Con el agua al cuello', de Petros Márkaris, de Tusquets, 'La acabadora', de Michela Murgia, editada por Salamandra e 'Los enamoramientos', de Javier Marías, de la editorial Alfaguara.
'Laura no deserto' consegue, así, un novo recoñecemento. Mais estamos certos de que non será o derradeiro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email