repensar

40,00€

mercar

Repensar a teoloxía, recuperar o cristianismo

VV.AA.

Homenaxe a Andrés Torres Queiruga

Este libro colectivo responde á intención de homenaxear o teólogo e filósofo Andrés Torres Queiruga por unha traxectoria dedicada á creación dunha obra viva, suxestiva e útil no eido dun pensamento universal que nunca deixou de ser galego.

Esta obra ten o seu xermolo nas Xornadas de Teoloxía, celebradas en Santiago de Compostela en outubro de 2010, promovidas pola Asociación Encrucillada, coincidindo con que Andrés Torres Queiruga alcanzou a idade da súa xubilación académica. O lema das xornadas foi Repensar a teoloxía. Recuperar o cristianismo. "Repensar" e "recuperar" son dous termos especialmente queridos polo noso homenaxeado, de forma que ocupan un destacado lugar nos principais títulos das súas obras máis coñecidas.

Aos participantes nestas xornadas propúxoselles falar sobre un determinado tema filosófico ou teolóxico tendo en conta o pensamento do profesor Queiruga nesa respectiva cuestión. Aquí publicamos a maioría dos relatorios das xornadas, así como colaboracións doutros autores que aceptaron sumarse á homenaxe a Torres Queiruga.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 616
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 170 x 240 mm.
  • Data Publicación : 2012-07-03
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-422-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez
red-lionRed LionMaría Alonso Alonso
minutos-para-medianoiteMinutos para medianoiteXavier QueipoRamón Neto

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR