Estás aquí:

Código: 1276

Grial 173

12,00  IVE INCLUIDO
Lectura pública. Un dereito da cidadanía

As bibliotecas e a infraestrutura da sociedade lectora ocupan a primeira liña de información e debate.
Galicia segue a ocupar os postos máis baixos respecto de índices de lectura e usos bibliotecarios. Aínda que algo se ten mellorado e a nova administración da Xunta anuncia programas de activación e investimentos económicos, as bibliotecas seguen sendo unha asignatura pendente na nosa estratrexia cultural. O informe elaborado por Hilario Hernández, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, un dos primeiros especialistas en lectura pública en Europa, resulta certamente esclarecedor. Cómpre unha política decidida a prol dun mellor e maior equipamento de recursos, dotación de persoal especializado, actualización de fondos, etc. Sen sociedade lectora non hai opcións na nova Sociedade da Información e o Coñecemento.

Especialistas e técnicos cualificados colaboran neste monográfico de GRIAL, coordenado por María Dolores Cabrera e Víctor F. Freixanes: Cristina Novoa, especialista en bibliotecas escolares; Isabel Blanco, presidenta de ANABAD-Galicia e directora das bibliotecas municipais da Coruña; María Luz Corral, bibliotecaria municipal en Oleiros (A Coruña); Pedro Lucas, responsable da Biblioteca da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela, e Francisco Castro, escritor e animador cultural, abordan dende distintas perspectivas o mesmo problema. O punto de vista da Administración pono neste caso o director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, Luis Bará.

O número de GRIAL sae aos poucos meses de terse aprobado por unanimidade no parlamento galego a Lei do Libro, cun compromiso por parte da Consellería de Cultura de dotar económicamente a infraestrutura bibliotecaria galega. Está en proceso de elaboración a Lei de Bibliotecas de Galicia que, xunto co Plan de Animación Lectora, constitúen un punto de esperanza para os novos tempos. O número compleméntase cunha cumprida entrevista ao ensaísta arxentino Alberto Manguel, realizada polos compañeiros de redacción Dolores Vilavedra e Carlos Lema.

Ademais das seccións habituais da revista, GRIAL ofrece nesta entrega un documento de excepcional valor histórico: un informe que a policía franquista elaborou a primeiros dos anos 70 sobre o movemento "Voces Ceibes", rescatado dos arquivos policiais polo historiador Xan Fraga, e redactado no seu día nas comisarías da cidade da Coruña. O informe, con nomes e apelidos dos principais protagonistas, constitúe unha interesantísima radiografía daquel primeiro gromo político cultural, observado dende a perspectiva da policía do réxime de Franco.

A maiores, Bieito Romero, fundador e compoñente do grupo Luar na Lubre, ofrécenos unha documentada panorámica sobre a música galega na emigración. A sección de Creación ocúpana nesta ocasión un poeta, Rodríguez Baixeras, na actualidade residente en Salvador de Bahía, e unha fotógrafo, Paula Mariño.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 152
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 18,5 x 27 cm mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 177
177
12.00€ CON IVE