Estás aquí:

Código: 1741

Polo mar van as sardiñas

7,40  IVE INCLUIDO
Unha historia realista, tinguida de frescura e inocencia, que nos axuda a entender un pouco mellor o mundo.
Pequeno Antón non sabe o que é o mar. El naceu terra adentro. ¿Como será o mar? ¿Cómo será iso de ser peixe? Un día, Pequeno Antón vai á cidade. Alí espérao o tío Manoel, que ten un barco de pesca. Así é como comeza para Pequeno Antón a súa primeira aventura mariñeira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 32
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/03/2004
Dimensións 130 x 200 mm.
Colección: Árbore a partir de 8 anos
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-677-0
Observacións:

AUTORES/AS

Torres, Xohana
Xohana-Torres-último-196x220

Naceu en Santiago de Compostela en 1931 e faleceu en Vigo o 12 de setembro de 2017.

É autora das pezas teatrais A outra banda do Iberr (1965), gañadora do Premio Castelao do Teatro Galego da Agrupación Cultural O Galo, e mais Un hotel de primeira sobre o río (1968). Asinou tamén a novela Adiós, María (1971), Premio Galicia do Centro Galego de Buenos Aires, e que, malia a ser a súa única incursión na narrativa para adultos, está considerada un dos clásicos do noso tempo.

Como poeta, estreouse na colección Illa Nova con Do sulco (1957), ou que lle seguirían despois Estación ao mar (1980), Premio da Crítica española en 1981, Tempo de ría (1992) e Elexía a Lola (2016). Todas elas obras que a converterían nun dos grandes nomes da última metade do século XX, rachando moldes e converténdose nun facho inmorrente xeración tras xeración.

Xa no eido da literatura infantil, publicou Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea (1984), e foi unha das pioneiras na tradución de obras deste xénero ao galego, publicadas todas elas na Editorial Galaxia. Tamén a radio foi outra das linguaxes que cultivou cando, en 1963, dirixiu en La Voz de Vigo o primeiro programa cultural radiofónico completamente en galego, Raíz e tempo.

En outubro de 2001, ingresou na Real Academia Galega a proposta Salvador García-Bodaño Zunzunegui, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Luís Franco Grande, pronunciado o discurso Eu tamén navegar, texto fundamental para o feminismo do noso tempo.

As súas obras

Pericles e a balea
pericles-e-a-balea
10.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore a partir de 8 anos

A abella abesullona
abella
9.60€ CON IVE
A noite dos animais
a noite dos animais
esgotado
A princesiña que conducía unha locomotora
princesiña
10.75€ CON IVE
Acuarelas
acuarelas
10.20€ CON IVE
Almas de algodón
Almas de algodón
11.80€ CON IVE
As catro estacións
as catro estacions
10.90€ CON IVE
As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas
laranxas
11.90€ CON IVE
As outras historias
outras
11.40€ CON IVE