Para unha historia do cinema en lingua galega. De illas e sereas

Margarita Ledo

VV.AA.

"Para unha historia do cinema en lingua galega, 1, 2 e 3" é a proba fáctica do noso "desexo de comunidade"

tal e coma Jacques Rancière observa determinados acontecementos contemporáneas que queren ocupar a esfera pública, evitar o seu aniquilamento.

E a creación, en calquera soporte, linguaxe ou formulación, é un deses acontecementos. Mais tamén constata a existencia da devandita “comunidade electiva”, na feliz distinción de Maurice Glanchot, que nos leva a considerar o cinema en lingua galega como un deses “momentos estelares” da cultura de noso en que o fai propio para partillar coa humanidade unhas obras nas que o real, o maxinario e o modo de contalo nos configuran. A serea é esa imaxe que guía a sorte do vaixel no mascarón de proa; é a cariátide voandeira que exhibe os seos na capela do Salvador da catedral de Santiago; é a esfinxe de cabelos alados que Castelao soñou como escudo de Galiza canda o lema “denantes mortos que escravos”, é a seresa que se fundiu cun lobo da illa Lobeira e dela emerxeron as rendas de Camariñas, a que se uniu ao cabaleiro de Roncesvalles e deu orixe á saga dos Mariño, navegantes até mais aló de Chile, a que chega de lonxe mais nunca é estranxeira. Desexo de seras e, xa que logo, esa seiva no noso imaxinario que nos fai ir alén e mar o cinema en lingua galega. Aínda que no luscofusco a figura deveña ambigua, por veces ríspeta e ameazadora, nós imos termar sempre desa lanchiña de papel onde os filmes poidan, contra vento e marea, navegar de illa en illa. Unha presada de investigadoras e investigadores de diferentes xeracións e con miradas distintas, do Grupo de Estudos Audiovisuais e tamén de fóra, tecemos este relato ao redor dun mundo que se chama cinema á marxe de servidumes académicas e dende a crítica aos modos obsoletos de pensar nas películas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 252
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 26/09/2020
  • Colección : Pantallas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-488-6
  • Edición :
  • Nº na colección : 3
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

marga

Ledo, Margarita
Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) é cineasta, escritora e Catedrática de Comunicación Audiovisual da USC.
Bibliotecaria da RAG dende Abril de 2013.

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR