pano

15,50€

mercar

Pano. O derradeiro caso de Poirot

Agatha Christie

Un dos desafíos máis complexos e divertidos da Agatha Christie novelista de intrigas sen fin.

Unha casa de campo que de principio semella un lugar tranquilo e agradable onde se encontra un variopinto e aparentemente inofensivo grupo de convidados. Pero para o detective Hércules Poirot as cousas nunca son tan sinxelas como parecen: seica un dos hóspedes é un asasino con cinco mortes ao lombo. Un Poirot artrítico e avellentado vai demostrar que aínda non perdeu todos os seus dotes de dedución nin o seu olfato de detective.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 196
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 132 x 200
  • Data Publicación : 2003-11-01
  • Colección : Biblioteca Agatha Christie
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-629-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

Christie

Christie, Agatha
A escritora inglesa Agatha Christie (1891-1976) foi unha prolífica autora de novelas policíacas, que lle deron sona mundial. Os seus relatos caracterízanse polos desenlaces sorprendentes. Creou dous detectives moi orixinais como protagonistas da maioría dos seus relatos: Hercules Poirot e Miss Marple, anticuados e entrañables como a sociedade en que se moven. Entre as novelas máis célebres de Agatha Christie atópanse cinco publicadas en galego por Editorial Galaxia na súa colección Biblioteca Agatha Christie: O asasinato de Roger Ackroyd, Asasinato no Orient Express, Cianuro espumoso, Dez negriños e Pano. O derradeiro caso de Poirot.

Foi autora ademais de obras teatrais como A ratoeira e Testemuña de cargo. Escribiu tamén novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. As súas historias foron levadas en múltiples ocasións ao cinema e á televisión.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR