Estás aquí:

Código: 756

Mudanzas e outros velenos

19,00 € IVE INCLUIDO
Reúnense neste libro tres poemarios centrais na obra da súa autora:
Catálogo de velenos (Premio Esquío de Poesía, 2001), Abecedario de árbores (2006) e Mudanzas (Premio Caixanova, 2006). Tres fitos dunha poética na que a morfoloxía da terra e as súas rochas, montes, fragas, ríos e mares xeran unha carta xeográfica que desvela o que hai detrás da aparencia. A voz da poeta elévase e albisca a realidade cos recursos e instrumentos que fan da natureza afiliación e da literatura, escolla. A liberdade amósase aquí na fidelidade da arte ao mundo, non nas ideas senón nas xemas, non nos bálsamos senón nos velenos, non na beleza senón nos vermes. Os símbolos volven aparecer baixo a luz estraña do inaudito. Si, a poesía é materia, ou unha cousa que agarrar coas mans.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 196
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 12/10/2026
Dimensións 125 x 220 mm.
Colección: Dombate
Nº na colección: 72
Edición: 1ª ed.ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-147-2
Observacións:

AUTORES/AS

Aleixandre, Marilar
marilar

A andaina poética de Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) iniciábase a finais da década dos anos noventa coa publicación de Catálogo de velenos (Premio Esquío) e continuaba con Abecedario de árbores (2006) e Mudanzas (Premio PEN–
-Caixanova, 2007) —volumes recollidos en Mudanzas e outros velenos (Galaxia, 2017)— ou Desescribindo (2016). Entre as súas achegas no eido da narrativa destacan As malas mulleres (Galaxia, 2021), novela recoñecida co Premio Eduardo Blanco Amor e co Premio Nacional de Narrativa, e As bocas cosidas (Galaxia, 2025), co que este poemario dialoga. 

As súas obras

A filla do minotauro
a-filla-do-minotauro
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate

17 segundos
9788491516309
19.70€ CON IVE
A DISTANCIA DO SÉCULO
A distancia do seculo
17.50€ CON IVE
A herdade
9788491517702
13.60€ CON IVE
A abertura da boca
9788491517481
12.30€ CON IVE
ALASKA
Alaska
17.10€ CON IVE
Antese
9788491517870
13.60€ CON IVE
Ao pé de cada hora
pe de cada hora
11.30€ CON IVE
Árbores no deserto
arbores-no-deserto
16.80€ CON IVE