Memoria do corpo

Xesús Rábade Paredes

Premio Gala do Libro 2019, Mellor Libro de Poesía do ano

Esta Memoria do corpo é un tempo de investigación para o autor. Dentro de si mesmo, como debe de facer o poeta. É, sen dúbida, o seu mellor logro. E a frase non é arriscada. Así o sente o creador, que viaxa dende o barro por corpos e iniciacións eróticas e camiños que, coma todos os periplos, nos devolven ao punto de partida. Á palabra que funda o mundo. Aos sons primeiros que nos explican. Un poeta espido. Unha poética alicerzada na palabra. Cinco anos despois. E todo o mundo aquí contado.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 68
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 125 x 220
  • Data Publicación : 02/03/2018
  • Colección : Dombate
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-161-8
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 76
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

saraverdeSaraverde13,20€
dona e donDona e don6,00€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila

rabade

Rábade Paredes, Xesús
Xesús Rábade Paredes naceu en 1949 na Terra Chá luguesa. Estudou a carreira de Letras na universidade de Santiago e foi profesor de galego no ensino medio. Membro fundador do Pen Club de Galicia, Rábade Paredes é poeta, narrador e estudoso da literatura. Publicou numerosos libros e obtivo varios premios. Así, por exemplo, foi galardoado co Premio Galicia polos libros No aló de nós e Morrer en Vilaquinte, elaborados conxuntamente coa súa dona Helena Villar Janeiro. Tamén recibiu o XIII Premio Esquío co poemario Poldros de música. En Galaxia, Rábade Paredes publicou, entre outros títulos, Saraverde, Branca de Loboso, A palabra secreta e As sombras do barroco.

En 2006 recibiu o Premio Blanco Amor de Novela Longa pola obra Mentres a herba medra, editada por Galaxia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR