Máis aló do azul e do rosa

Ana Torres Jack

Como prevenir a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia

Malia todo o que se avanzou nos últimos anos en cuestión de igualdade entre homes e mulleres, queda aínda moito camiño por andar. E boa parte desa andaina ten que facerse dende o ámbito doméstico, dende as casas, dende a acción educativa das nais e dos pais. Non é un labor doado, porque os medios de comunicación, e tamén os de ocio (cine, videoxogos…) insisten en perpetuar unha imaxe estereotipada da muller, idealizando a súa beleza e cousificando a súa sexualidade. Mais dende o fogar podemos facer moito. A autora ofrécenos dunha maneira sinxela e moi clara estratexias concretas para previr a desigualdade de xénero e a violencia machista dende a familia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 108
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 270 x 240
  • Data Publicación : 29/11/2016
  • Colección : Biblioteca de Intervención Social / Didáctica
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-020-8
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 6
  • Observacións : 1ª ed. 2ª impr. marzo 2017 // 1ª ed. 3ª impr. abril 2017

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

guedellasdesedaelino2017Guedellas de seda e liñoMaría Victoria Moreno
grial-214Grial 214 VV.AA.
unha-ducia-de-galegosUnha ducia de galegosVíctor F. Freixanes

Autor/a

ana-torres-jack

Torres jack, Ana
É licenciada en Psicoloxía e Máster en Medios de Comunicación. Desde 1998 exerce como orientadora educativa. É colaboradora de La Voz de Galicia, onde publica artigos dirixidos a familias dentro do suplemento La Voz de la Escuela. É autora de "Orientación Educativa: 100 claves para pais e profesores". Creadora da sección web "Os fillos: instrucións de uso" dentro da canle educativa da Fundación Barrié, onde publicou series monográficas con enfoque práctico dedicadas á estimulación da intelixencia e o talento, o desenvolvemento físico, emocional e intelectual e a cratividade, entre outros. Colabora de forma habitual con outros medios de comunicación e o tempo libre dedícao a gozar da súa familia, as viaxes e a natureza.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR