Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces

Xesús Alonso Montero

En edición ao coidado do profesor Xesús Alonso Montero, Editorial Galaxia publica a correspondencia escrita arredor da enfermidade e da morte de Castelao. Un feito que fixo abalar a comunidade galeguista tanto no exilio americano coma en Galicia e que fai desenvolver unha intensa actividade epistolar da que é centro principal Ramón Otero Pedrayo. Un testemuño emocionante, de gran valor documental e literario.

Reúnese en Laio polo irmán ausente un epistolario que abrangue desde 1942 ata 1975 e no que participan, amais de Otero Pedrayo, persoeiros e escritores coma Manuel García Barros, Valentín Paz Andrade, Florentino López Cuevillas, Ben-Cho-Shey, Rodolfo Prada, Vicente Risco, Fernández del Riego ou Ramón Cabanillas, entre outros. Xa desde meses antes do falecemento de Castelao se producen unha constelación epistolar que ten como centro a Ramón Otero Pedrayo. Cartas valiosas e conmovedoras dirixidas a dona Virxinia, ás irmáns de Castelao, aos camaradas da diáspora a aos do exilio interior.

A través deste libro pódese reconstruír, dada a súa relevancia documental e literaria, o universo espiritual da irmandade galeguista no momento da desaparición da súa personalidade máis emblemática. Un tempo e un feito cruciais para a historia de Galicia e da cultura galega.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 176
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 21 x 14
  • Data Publicación : 2006-06-23
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-929-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

alonso

Alonso Montero, Xesús
Ensaísta e polígrafo nado en Vigo en 1928. Pertence á promoción de escritores que iniciaron o seu labor intelectual e cultural tras a Guerra Civil. Dende entón desenvolveu un abondoso traballo de publicitación e espallamento da cultura galega nas súas distintas dimensións.
Foi elixido Presidente da RAG en abril de 2013


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR