hugo

32,70€

mercar

Hugo Pratt. O desexo de ser inútil (Lembranzas e reflexións)

Dominique Petitfaux

Entrevistas con Dominique Petitfaux

O home que creou a lenda do Corto Maltés converteuse a súa vez nunha lenda. Neste libro, pouco tempo antes da súa morte, explora os misterios da súa vida...

Curiosa mestura de ascendentes franco-ingleses, xudeo-españois e turcos, Hugo Pratt nace veneciano e esperta á vida en Etiopía, onde descobre o fascismo e o amor, e onde tamén aprende a debuxar e a odiar o colonialismo. Con vinte e dous anos embarca para Buenos Aires, cidade na que pasa o tempo entre a banda deseñada, as viaxes e as extravagancias mundanas. Debuxou preto de nove mil pranchas, desde As de picas a Corto Maltés, personaxe no que tamén se inspirou para escribir a novela Corto Maltés. Balada do mar salgado. Na busca de aventuras, dá varias veces a volta ao mundo. A outra viaxe é interior. Experto na Cábala, iniciado no vodú, descubridor do alleo en seis ou sete linguas aprendidas e faladas e trinta mil libros coleccionados, Hugo Pratt é o misterioso veneciano a quen imos atopar neste libro a carón das súas irmás negras, as súas curmás indias, as súas mulleres, os seus personaxes, os seus amigos e a morte…

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 244
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 24 x 21 cm
  • Data Publicación : 2009-02-12
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-157-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491515562TiAnjel Lertxundi
9788491514879Benvidos á cidadeXurxo Sierra Veloso
poeta-en-nova-yorkPoeta en Nova YorkFederico García Lorca
9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz

dominique

Petitfaux, Dominique
Dominique Petitfaux, nado en 1948 en Rethel (Ardenas, Francia), efectuou desde 1978 numerosas investigacións sobre a banda deseñada. Dirixiu, primeiro con Futuropolis e logo con Glénat, a edición integral de Zig e Puce, de Alain Saint-Ogan.

En 1985 converteuse no interlocutor privilexiado de Hugo Pratt, con quen publicou dous libros de entrevistas: un sobre a súa obra, De l'autre côte de Corto (1990, edición aumentada en 1996); o outro, sobre a súa vida, Hugo Pratt. O desexo de ser inútil (Galaxia, 2009).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR