Estás aquí:

Código: 1044

Hugo Pratt. O desexo de ser inútil (Lembranzas e reflexións)

esgotado
Entrevistas con Dominique Petitfaux

O home que creou a lenda do Corto Maltés converteuse a súa vez nunha lenda. Neste libro, pouco tempo antes da súa morte, explora os misterios da súa vida...
Curiosa mestura de ascendentes franco-ingleses, xudeo-españois e turcos, Hugo Pratt nace veneciano e esperta á vida en Etiopía, onde descobre o fascismo e o amor, e onde tamén aprende a debuxar e a odiar o colonialismo. Con vinte e dous anos embarca para Buenos Aires, cidade na que pasa o tempo entre a banda deseñada, as viaxes e as extravagancias mundanas. Debuxou preto de nove mil pranchas, desde As de picas a Corto Maltés, personaxe no que tamén se inspirou para escribir a novela Corto Maltés. Balada do mar salgado. Na busca de aventuras, dá varias veces a volta ao mundo. A outra viaxe é interior. Experto na Cábala, iniciado no vodú, descubridor do alleo en seis ou sete linguas aprendidas e faladas e trinta mil libros coleccionados, Hugo Pratt é o misterioso veneciano a quen imos atopar neste libro a carón das súas irmás negras, as súas curmás indias, as súas mulleres, os seus personaxes, os seus amigos e a morte...

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 244
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 12/02/2009
Dimensións 24 x 21 cm mm.
Colección: Libros singulares e fora de colección
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-157-7
Observacións:

AUTORES/AS

Petitfaux, Dominique
dominique

Dominique Petitfaux, nado en 1948 en Rethel (Ardenas, Francia), efectuou desde 1978 numerosas investigacións sobre a banda deseñada. Dirixiu, primeiro con Futuropolis e logo con Glénat, a edición integral de Zig e Puce, de Alain Saint-Ogan.

En 1985 converteuse no interlocutor privilexiado de Hugo Pratt, con quen publicou dous libros de entrevistas: un sobre a súa obra, De l’autre côte de Corto (1990, edición aumentada en 1996); o outro, sobre a súa vida, Hugo Pratt. O desexo de ser inútil (Galaxia, 2009).

As súas obras

Hugo Pratt. O desexo de ser inútil (Lembranzas e reflexións)
hugo
esgotado

COLECCIÓN

Libros singulares e fora de colección

120 anos de ciclismo galego
ciclismo
42.20€ CON IVE
A batalla de Rande. Mapas e gravados (1699-1715)
batalla de rande
41.60€ CON IVE
A bela Otero, pioneira do cine
a bela otero
24.15€ CON IVE
A berenguela
A berenguela
20.75€ CON IVE
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
22.00€ CON IVE
A música da terra
a musica da terra
descatalogado
A volta do xove Príncipe
A volta do Xove Príncipe
14.55€ CON IVE
Anthology of Galician Literature / Antoloxía da literatura galega. 1196-1981
alg
27.30€ CON IVE