Estás aquí:

Código: 1842

A formiga fóra do carreiro

11,80  IVE INCLUIDO
Todos e todas buscamos o noso destino.
As formigas, tamén. Ou cando menos esta formiga que vai ter que enfrontarse a un feixe de animais de toda clase que non deixan de dicirlle o que debe facer e como se debe comportar cando ela, en realidade, o que quere é ser libre e feliz. Unha obra moi divertida protagonizada por unha bichería inesquecible.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 128
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 130 x 200 mm.
Colección: Árbore
Nº na colección: 223
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-198-4
Observacións: Teatro

AUTORES/AS

Castro, Raquel
Raquel-Castro-2

(Alxén, Salvaterra de Miño, 1971) é licenciada en Filoloxía Galego-portuguesa e Filoloxía Hispánica e traballa como profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario.

É presidenta e fundadora da Asociación Teatral de Alxén dende 1999, e todas as súas obras de teatro están destinadas a ser interpretadas polo grupo de teatro infanto-xuvenil Ata Sempre, desta asociación. Ademais, imparte talleres de teatro no seu instituto, pois considera que o teatro é unha ferramenta fundamental no ensino.

Algunhas das obras que estes nenos e nenas levaron á escena foron premiadas, como As terapias da doutora Ledicia (2012) cunha Mención de Honra nos Premios Estornela de Teatro Infantil (2014), que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas, e foi finalista na Gala do Libro Galego 2016 na categoría de Teatro. Desta mesma gala, pero no ano 2019, foi finalista A formiga fóra do carreiro (2018), obra que acadou un segundo premio como mellor libro de teatro en galego do 2018, en Fervenzas Literarias. Ademais das obras citadas, tamén publicou a novela Bestiario doméstico (2017), todas elas en Editorial Galaxia.

As súas obras

Planeta bugallo
9788491518990
13.15€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore

A citación
foto
descatalogado
A encrucillada da torre
foto
esgotado
A lúa non está á venda
a lua non esta a venta
descatalogado
A pel do mundo
a-pel-do-mundo
10.90€ CON IVE
Adiviña esta adiviña
9788491516064
14.70€ CON IVE
Alén das estrelamares
9788411761345
15.65€ CON IVE
Amiga lúa, amigo mar
9788491519249
11.90€ CON IVE
Andar aos biosbardos. Contos baixo o Freixo engurrado
9788491516118
9.60€ CON IVE