des

24,75€

mercar

Despois de ti, a chuvia

Xosé Carlos Caneiro

Poesía, música e Caneiro en estado puro

Neste novo libro-disco Xosé Carlos Caneiro, axudado pola voz de Emilio Rúa, agasállanos cunha viaxe poética moi singular. Nas súas propias palabras, tiradas do prólogo do libro, cóntanos:

Quería cambiar o mundo: velaquí a razón da miña poesía. O mundo concreto e sensible, cercano: aquel que doía, levantaba, acariñaba ou cuspía. Quería cambiar o mundo, prometo.
(…)
Creo que a poesía é o que fai mover o silencio. Non encontro definición máis certa para este libro de versos e cancións. Poema e canto. Para os gregos eran a mesma cousa; en realidade, cantor e poeta resultaban idéntica voz. Orfeo congregaba coa súa lira a homes e mulleres, tamén a ninfas e deuses e musas inspiradoras, para que contemplasen o movemento invisible do silencio. Ás veces choraban os seres reunidos, arrancadas as bágoas polo silencio. Ás veces repousaban a súa alma e deixaban correr entusiasmo: náufragos de ventura, felices.
Como escritor non encontrei aínda maior felicidade que un poema que emocione a quen o escoita (creo que a poesía sen emoción é unha mentira máis; unha acrobacia intelectual, hermética, críptica e voraz: carcome a literatura). Recito. Sempre. Camiño por diante, asfalto, nubes, quilómetros, verso por verso.
(…)
Con Despois de ti, a chuvia só pretendo mover o silencio. Emilio Rúa entendeuno. A súa sensibilidade danza en cada nota e transforma, transfórmanos. A poesía segue cambiando o mundo. Con perdón, afirmo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 56
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 135 x 245 mm.
  • Data Publicación : 2011-11-16
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-398-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Novidades con moita música2012-03-27 10:17:11
Despois de ti, a chuvia2012-06-08 12:13:40


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

Caneiro

Caneiro, Xosé Carlos
(Verín, 1963). É licenciado en Xeografía e Historia e en Filoloxía. Como poeta publicou os libros Da túa ausencia (1991, premio Celso Emilio Ferreiro), Estación Sur (1992, premio Cidade de Ourense), A valgada triste do amor (1997, premio Johán Carballeira) e ¿Aínda soñas con piratas? (1999). A súa obra narrativa, traducida parcialmente ao castelán, recibiu numerosos recoñecimentos. Iniciouna con O infortunio da soidade (1992, premio Xerais), á que seguiron Un xogo de apócrifos (1997, premio Torrente Ballester), Tal vez melancolía (1999, premio García Barros), Os séculos da lúa (1999), Ébora (2000, premios Blanco Amor e Eixo Atlántico), A rosa de Borges (2000, premio Vicente Risco de narrativa fantástica). En Galaxia ten publicado o libro de relatos Triloxía dos tristes (2001), a novela Ámote (2003), o ensaio sobre literatura Os dominios de Caín (2006), a novela A vida nova de Madame Bovary (2008) e Un último destino (2010).

En 2011 recibiu o Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego na súa VIII edición, concedido por Novacaixagalicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR