Estás aquí:

Código: 2183

Chámome Vermello

27,70  IVE INCLUIDO
Unha novela maxistral
Esta novela, cuxa publicación en 1998 supuxo a consagración internacional de Orhan Pamuk, está a partir de agora ao dispor dos lectores e lectoras galegos. É a sexta novela do Premio Nobel de 2006 que se publica no noso idioma, todas elas na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do prelo coa colaboración
do Concello de Santiago.

A fins da década de 1590, o sultán de Istambul encarga en segredo un gran libro: unha homenaxe á súa vida e ao seu imperio que os mellores pintores da época deberán iluminar... á maneira dos europeos. Mais, sen que se saiba a causa, un dos miniaturistas é asasinado. O pintor morto, foi vítima da rivalidade profesional, de celos amorosos ou do fanatismo relixioso? Alén dun misterio apaixonante, Chámome Vermello encerra unha meditación sorprendente sobre o amor, a dedicación á arte e as tensións entre o Oriente e o Occidente.

Velaquí algunhas opinións da crítica internacional:
"Esta novela é formalmente fantástica, ocorrente e asemade trata de cuestións fundamentais. [...] Pamuk transmite dun xeito totalmente convincente a textura emotiva, mental e física, da vida cotiá." (Dick Davis, Times Literary Suplement)

"Máis ca calquera outro libro que se me ocorra, capta non só as contradicións pasadas e actuais de Istambul, senón a súa terrible beleza atemporal. É case perfecto, noutras palabras." (Maureen Freely, New Statesman)

"Fabulosa, desconcertante, emocionante... Radicalmente distinta á novela histórica de misterio tradicional en Occidente... É unha novela prodixiosa, onírica, apaixonada e augusta, exótica no sentido máis orixinal." (Philo Hensher, Spectador)

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 636
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 31/10/2012
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-456-1
Observacións:

AUTORES/AS

Pamuk, Orhan
pamuk

Orhan Pamuk (Istambul, 1952), é un dos máis destacados autores da literatura actual en lingua turca. A súa obra foi traducida a máis de 30 idiomas, e publicada nun centenar de países distintos. Ten recibido numerosos galardóns internacionais, entre eles o premio France-Culture, en 1995; o premio ao mellor libro estranxeiro do New York Times, en 2004 e o premio da Paz dos libreiros alemáns en 2005. O 12 de outubro de 2006, a Academia Sueca lle concedeu o Premio Nobel de Literatura en recoñecemento a toda unha traxectoria literaria así como polo seu compromiso en prol dos dereitos humáns, sendo así o primeiro turco en gañar un Premio Nobel. En 2012 foi condecorado polo Ministerio de Cultura francés coa insignia oficial da Lexión de Honra.

Publicou a súa primeira novela en 1982, mais a súa obra comezou a ter repercusión internacional con O castelo branco, agora tamén publicada en galego por Galaxia, e alcanzou a súa consagración definitiva en 1998 con Chámome Vermello. En galego, están publicados O libro negro (1990; Galaxia, 2011), Neve (2002; Galaxia, 2009) e Istambul (2003, Galaxia, 2008). A súa novela máis recente é O Museo da Inocencia (Galaxia, 2009).

As súas obras

O castelo branco
castelo
20.80€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

A casa dos encontros
encontros
21.70€ CON IVE
A cea
cea
A desaparición de Esme Lennox
desap
20.95€ CON IVE
A elegancia do ourizo
ourizo
24.50€ CON IVE
A fama. Novela en nove historias
fama
18.40€ CON IVE
A medición do mundo
medicion
22.80€ CON IVE
A pensión Eva
pension eva
17.30€ CON IVE
A pista de area
pista
20.80€ CON IVE