Canta o cuco

20,00€

mercar

Canta o cuco

Uxía

Magín Blanco

Que acontece cando dous grandes da música como Uxía e Magín van de visita á casa dun grande da poesía como Manuel María?

Que o cuco quere cantar….

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 25
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 240 x 210
  • Data Publicación : 2016-04-18
  • Colección : Sonárbore
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-648-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

unha-ducia-de-galegosUnha ducia de galegosVíctor F. Freixanes

FOTO UXÍA SENLLE

Uxía,
Uxía leva máis de 25 anos de carreira artística que a converten nunha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal.
Desde o seu debut con "Foliada de Marzo" en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes.
Integrante do grupo Na Lúa ata 1991, Uxía emprende un camiño en solitario que responde a unha natural evolución da súa traxectoria. Nese mesmo ano publica "Entre cidades", e catro anos despois, "Estou Vivindo no ceo", disco moi valorado pola crítica que afianza a súa proxección internacional.
En 1997 edita xunto ás cantantes Rasha (Sudán) e María Salgado (Castela) e o guitarrista Cuchús Pimentel "La sal de la vida", un disco marcado pola diversidade e polo cruce cultural.
Xa en 2000 publica "Danza das areas", traballo que representa un punto de inflexión no seu camiño con composicións propias e sons máis contemporáneos.
Sempre tivo a convicción de que un pobo que cantou desde tempos inmemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz. Por esa razón, promoveu a creación de grupos de cantareiras como Malvela ou Cantadeiras do Berbés e participou en numerosas experiencias musicais con artistas da talla de Tito Paris, Jessie Norman, Dulce Pontes, Noa, João Afonso ou Chico César,entre outr@s.
Salienta tamén o seu labor como productora musical en discos como "Vida Miña" e "Interior" de Emilio Rúa, "Na Flor dos meus anos" de Señora Carmen e Malvela, publicados por Malvela, e "A nena e o grilo" de Magín Blanco.
Uxía recolle nas súas composicións a esencia de todas esas experiencias que a teñen levado a un contacto permanente con músic@s de culturas afíns. Todo xorde e flúe como unha consecuencia natural da relación permanente con artistas destas latitudes e da escoita atenta e continuada das súas músicas ou as músicas tradicionais que as inspiraron.
A súa paixón pola mestizaxe consegue unir e reunir voces, instrumentos, ritmos, sons... é un imán para o talento, e así o demostra como directora artística na creación do Festival Internacional da Lusofonía "Cantos na Maré", un espectáculo concibido como punto de encontro de artistas da área lusófona no que o escenario se transforma nunha festa multicultural coas mellores voces de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinéa Bissau, etc.
Entre outros moitos traballos, percorreu o país en 2012 co espectáculo familiar "María Fumaça" (Editorial Galaxia).

FOTO MAGÍN BLANCO

Blanco, Magín
Magín Blanco é un músico galego nado na Rúa (Ourense) en 1960. Compositor, guitarrista e cantante, comezou a súa carreira musical no grupo ourensán La Rosa co que editou catro discos entre 1988 e 1995. Desde o ano 2006, lanzou tres discos en solitario antes de dedicarse á música infantil, participando en moitos dos libro-discos da colección Sonárbore, como "María Fumaça", "Rosalía Pequeniña", "Pitusa Semifusa" ou "Xiqui xoque, fiú fiú!". Entre as súas principais obras encontramos "A nena e o grilo nun barquiño".


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR