Estás aquí:

Código: 2348

As que máis molan!!!

15,00  IVE INCLUIDO
Estamos de festa,
cumprimos 5 anos de viaxe enchendo vagóns de amizade e de alegría, pero tamén de convivencia e integración do diferente. O noso maquinista Ruí e toda a familia María Fumaça celebrámolo reunindo un feixe de éxitos e dúas novas cancións para incorporar ás vosas favoritas. As que máis molan é a nosa maneira de demostrarvos o moito que vos queremos. Témosvos sempre no noso corazón. BOA VIAXE!

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 24
Deseño: Cartoné
Data Publicación:
Dimensións 145 x 145 mm.
Colección: Sonárbore
Nº na colección: 1
Edición: 1ª ed.ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-101-4
Observacións:

AUTORES/AS

Blanco, Magín
FOTO MAGÍN BLANCO

Magín Blanco é un músico galego nado na Rúa (Ourense) en 1960. Compositor, guitarrista e cantante, comezou a súa carreira musical no grupo ourensán La Rosa co que editou catro discos entre 1988 e 1995. Desde o ano 2006, lanzou tres discos en solitario antes de dedicarse á música infantil, participando en moitos dos libro-discos da colección Sonárbore, como María Fumaça, Rosalía Pequeniña, Pitusa Semifusa ou Xiqui xoque, fiú fiú!. Entre as súas principais obras encontramos A nena e o grilo nun barquiño.

As súas obras

A nena e o grilo máis aló
a-nena-e-o-grilo-mais-alo
20.00€ CON IVE
Uxía
FOTO UXÍA SENLLE

Uxía leva máis de 25 anos de carreira artística que a converten nunha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal.
Desde o seu debut con "Foliada de Marzo" en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes.
Integrante do grupo Na Lúa ata 1991, Uxía emprende un camiño en solitario que responde a unha natural evolución da súa traxectoria. Nese mesmo ano publica "Entre cidades", e catro anos despois, "Estou Vivindo no ceo", disco moi valorado pola crítica que afianza a súa proxección internacional.
En 1997 edita xunto ás cantantes Rasha (Sudán) e María Salgado (Castela) e o guitarrista Cuchús Pimentel "La sal de la vida", un disco marcado pola diversidade e polo cruce cultural.
Xa en 2000 publica "Danza das areas", traballo que representa un punto de inflexión no seu camiño con composicións propias e sons máis contemporáneos.
Sempre tivo a convicción de que un pobo que cantou desde tempos inmemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz. Por esa razón, promoveu a creación de grupos de cantareiras como Malvela ou Cantadeiras do Berbés e participou en numerosas experiencias musicais con artistas da talla de Tito Paris, Jessie Norman, Dulce Pontes, Noa, João Afonso ou Chico César,entre outr@s.
Salienta tamén o seu labor como productora musical en discos como "Vida Miña" e "Interior" de Emilio Rúa, "Na Flor dos meus anos" de Señora Carmen e Malvela, publicados por Malvela, e "A nena e o grilo" de Magín Blanco.
Uxía recolle nas súas composicións a esencia de todas esas experiencias que a teñen levado a un contacto permanente con músic@s de culturas afíns. Todo xorde e flúe como unha consecuencia natural da relación permanente con artistas destas latitudes e da escoita atenta e continuada das súas músicas ou as músicas tradicionais que as inspiraron.
A súa paixón pola mestizaxe consegue unir e reunir voces, instrumentos, ritmos, sons… é un imán para o talento, e así o demostra como directora artística na creación do Festival Internacional da Lusofonía "Cantos na Maré", un espectáculo concibido como punto de encontro de artistas da área lusófona no que o escenario se transforma nunha festa multicultural coas mellores voces de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinéa Bissau, etc.
Entre outros moitos traballos, percorreu o país en 2012 co espectáculo familiar "María Fumaça" (Editorial Galaxia).

As súas obras

As que máis molan!!!
as-que-mais-molan-maria-fumaca
15.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Sonárbore

A bruxa Discordia. Cancións para a paz
A bruxa discordia
20.00€ CON IVE
A casa do terror
a-casa-do-terror
esgotado
A gramola gominola
A grramola gominola
21.75€ CON IVE
A Ramona pequena vai á Lúa
9788411760089
20€ CON IVE
Aire
AireMariaFumaça-2
22.00€ CON IVE
Alegría!
Alegría
20.00€ CON IVE
As andanzas de Paio
As andanzas de Paio
20.00€ CON IVE
Bicos de música
bicos
22.00€ CON IVE