Café voltaire

15,50€

mercar

Café voltaire

VV.AA.

10 anos de libros e tertulias en Vigo

Todo comezou […] despois da morte de Carlos Casares e X. A. Fernández Moreno.
Un tanto orfos de palabra e sitios de encontro, un pequeno grupo de persoas decidimos crear unha tertulia que fuxise case por igual de rixideces académicas e de murmuracións divagantes, aínda que estas non faltasen. Para que a inevitable deriva da charla non rematase en naufraxio nunha illa de caníbales a celebrar unha merenda, decidimos centrala nun libro, cunha introdución explicativa a cargo dun contertulio, acompañada dun xantar no que non faltase viño, xamón, café, copas e palabras. Como o lugar de encontro debía estar á altura do ágape, pasamos unha tempada de tertulianos errantes ata que atopamos localización definitiva. E como había que ter tempo abondo para ler o libro, acordamos que a tertulia tivese unha periodicidade mensual.
E así, dende hai máis dez anos.
Para celebrar o décimo aniversario da Café Voltaire, decidimos publicar un libro de ensaios, escrito por algúns dos participantes da tertulia (Berta Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Tiburcio Angosto, Xosé Carlos Arias, Miguel Barros, Xavier Castro, Carlos Fernández, Xosé Fortes, Cipriano Jiménez, Basilio Lourenço, Xulián Maure, Luís Paradelo, Severo Pardo, Miguel Pérez Pereira, Adela Rodríguez, María Jesús Villafáfila e Damián Villalaín).
O resultado é este Café Voltaire. 10 anos de libros e tertulias en Vigo, ilustrado con retratos realizados por Miguel Fernández e debuxos de Ánxel Huete.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 148
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 210 x 180
  • Data Publicación : 2015-05-22
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-615-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Café Voltaire2015-06-01 09:00:29


Actividades relacionadas


Novidades

os-fantomOs FantomPatricia Mallo
grial-219Grial 219 VV.AA.

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR