Estás aquí:

Código: 1036

Voces de Atlántica

33,75  IVE INCLUIDO
Vinte e cinco anos despois Atlántica segue a ser un referente na arte galega. O Museo de Arte Contempóranea de Vigo e Editorial Galaxia propoñen neste libro que sexan os propios artistas os que nos acheguen ao que supuxo e hoxe significa un dos episodios máis brillantes da arte contemporánea en Galicia.
En Voces da Atlántica, a xornalista Carme Vidal e o crítico de arte David Barro conversan cos artistas Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Xabier Correa Corredoira, Alberto Datas, Manuel Facal, Xosé Freixanes, Antón Goyanes, Armando Guerra, Ánxel Huete, Menchu Lamas, Antón Lamazares, Francisco Leiro, Manuel Moldes, César Otero, Antón Patiño, Alberte Permuy, Manuel Quintana Martelo, Silverio Rivas, Manuel Ruibal, Xesús Vázquez e Xosé Vivián, e fan unha lembranza dos tristemente desaparecidos Rafael Baixeras, Xosé Lodeiro, Francisco Mantecón, Guillermo Monroy, Reimundo Patiño e Mon Vasco.

O 14 de agosto de 1980, na Casa da Cultura de Baiona, inaúgurase a primeira exposición de ATLÁNTICA, que tiña como obxectivo básico a "promoción e espallamento das últimas tendencias das artes plásticas". Un cuarto de século despois, ATLÁNTICA continúa a espertar o interese no ámbito da arte e da cultura, tanto polo que supuxo como fenómeno como pola traxectoria individual que despois desenvolveron boa parte dos participantes naquela mostra, hoxe nomes centrais da plástica galega.

O libro pretende recuperar a memoria daqueles anos pero tamén a súa enerxía e a certeza do futuro. Velaí de novo reunidos, coa súa voz individual pero tamén co sentir de pertenceren a un dos episodios máis brillantes da historia da arte contemporánea galega, os artistas que fixeron nacer e existir ATLÁNTICA.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 304
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 170 x 240 mm mm.
Colección: Libros singulares e fora de colección
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-812-5
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 193
193
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Libros singulares e fora de colección

120 anos de ciclismo galego
ciclismo
42.20€ CON IVE
A batalla de Rande. Mapas e gravados (1699-1715)
batalla de rande
41.60€ CON IVE
A bela Otero, pioneira do cine
a bela otero
24.15€ CON IVE
A berenguela
A berenguela
20.75€ CON IVE
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
22.00€ CON IVE
A música da terra
a musica da terra
descatalogado
A volta do xove Príncipe
A volta do Xove Príncipe
14.55€ CON IVE
Anthology of Galician Literature / Antoloxía da literatura galega. 1196-1981
alg
27.30€ CON IVE