as catro estacions

10,20€

mercar

As catro estacións

Antonio García Teijeiro

Poesía viva, colorista e aberta sobre os encantos da primavera, o verán, o outono e o inverno.

Cada estación ten o seu propio atractivo. Mesmo se podería dicir que as catro irradian poesía. Por iso o autor deste libro se inspira nas estacións para escribir os seus propios versos. E consegue uns poemas cheos de ritmo, nos que o xogo coas palabras e a formación de imaxes son ás veces un fin en si mesmo. Trátase dunha poesía que permite xogar e crear rimas e palabras, ademais de coñecer os sentimentos que poden provocar en nós as catro estacións do ano.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 80
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200
  • Data Publicación : 2011-02-03
  • Colección : Árbore a partir de 8 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-347-2
  • Edición : 3

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila
a-fraga-do-meu-avoA fraga do meu avo Mamá Cabra
na-metade-da-noiteNa metade da noiteLuis Marcelo Pérez

Autor/a

antonio-garcia-teijeiro-anxo-cabada

García Teijeiro, Antonio
Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É profesor, escritor e crítico de literatura infantil. Galardoado co Premio Merlín por Na fogueira dos versos, entrou na Lista de Honra do IBBY e concedéuselle o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Co poemario Arredor do teu corpo gañou o Premio Illas Sisargas. Pero estes son só algúns dos moitos recoñecementos que atesoura. Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos de Galicia e por músicos como Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede dende o blog Versos e aloumiños.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR