Estás aquí:

Código: 776

Materiais do libro

ÁRBORES NO DESERTO

Árbores no deserto

15,90  IVE INCLUIDO
A reflexión poema que pertence a esta obra recibe o "Premio Poesía aRi[t]mar Galiza e Portugal"
Igual que a escultura vive nos bloques de pedra andes de ser tallada, a poesía latexa no corpo en prosa do pensamento filosófico. Do mesmo xeito que as partituras sustentan as acrobacias da improvisación, entre os cimentos dos discurso sólidos brinca, funambulista, a liquidez dos versos. Así, este libro escribiuse ao desconstruír a voz e o trazo das súas autoras. Sobre a trama resultante a literatura compuxo colaxes urdidas coa figura e as palabras de pensadores que teceron imaxinarios redentores a través do tempo. As raíces das súas ideas medran agora en nós, coma árbores no deserto. Coma árbore no deserto agroma, rizomática, a nosa arte, oasis de liberdade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 124
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 160 x 220 mm.
Colección: Dombate
Nº na colección: 92
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-470-1
Observacións: Ilustracións de María Xosé Costa Valiño (Chiña

AUTORES/AS

Fernández Rial, Rosalía
rosalia-fernandez-bocixa

(Muxía, 1988) é filóloga, doutora en Didáctica das Linguas e da Expresión Dramática pola USC e performer.

Dedícase á escrita desde moi nova e, como poeta, publicou os libros En clave de sol (2009), Átonos (2011), Un mar de sensacións (2012), Vinte en escena (2012, 2014), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016) e a antoloxía bilingüe Sacar a bailar. Poesía reunida (2009-2016) e Árbores no deserto (Galaxia, 2020). No ámbito da narrativa publicou Bonus Track (Galaxia, 2016), e no do ensaio, o seu traballo Aulas sen paredes (2016) un libro-DVD sobre unha metodoloxía innovadora no ámbito da didáctica das linguas que mereceu o Premio á Mellor Iniciativa Bibliográfica da II Gala do Libro Galego en 2017.

As súas obras

Árbores no deserto
arbores-no-deserto
15.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate

17 segundos
9788491516309
18.70€ CON IVE
A herdade
9788491517702
12.90€ CON IVE
A abertura da boca
9788491517481
12.00€ CON IVE
Antese
9788491517870
12.90€ CON IVE
Árbores no deserto
arbores-no-deserto
15.90€ CON IVE
Baleas e baleas
baleas-e-baleas
13.95€ CON IVE
Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas
9788491519447
13.95€ CON IVE
Canta de cerca a morte
9788471549112
esgotado