Presentouse AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA

Categoría: Nova

Enchéronse todas as cadeiras e quedou moita xente de pé. A presentación de AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA respondeu á expectación xerada diante desta novela de amor contra do amor que onte Francisco Castro, abeirado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o crítico literario Ramón Nicolás presentou na Casa do Libro.
Dende o noso blogue podes acceder a unha completa galería de fotos desta exitosa xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email