I Premio de Ensaio Camiño de Santiago

Categoría: Premio

A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, e co patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca o I PREMIO DE ENSAIO “CAMIÑO DE SANTIAGO”, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo, cuxa obra gañadora será publicada pola Editorial Galaxia de acordo coas seguintes
BASES:
1º A este premio poderán optar persoas de calquera lugar del mundo cun traballo escrito en castelán ou en galego, conforme ás normativas establecidas, en cada caso, pola Real Academia Española e a Real Academia Galega.
Os autores só poderán enviar un traballo a concurso, que deberá ser orixinal e inédito en todos os formatos e que non resultase premiado noutros concursos, nin presentado como traballo científico ou académico, ou como proxecto de investigación ante institucións públicas o privadas (teses de mestría, doutoramento…).
2º Para os fins deste certame, considérase ensaio todo texto literario escrito en prosa no cal o autor expón, analiza e examina con variados argumentos as súas ideas sobre o Camiño de Santiago e/ou o fenómeno xacobeo, co propósito de fixar posición ao respecto, seguindo un estilo argumentativo propio. O ensaio estará estruturado cunha introdución, un desenvolvemento e unha conclusión, sen incluír a documentación consultada (bibliografía e outras fontes).
3º Será outorgado un único premio dotado con TRES MIL EUROS (3.000 euros) suxeitos ás retencións legais que resulten aplicables. O gañador ou gañadora recibirá tamén un diploma acreditativo e verá a súa obra publicada en castelán e galego. A obra en castelán será publicada pola Editorial Galaxia no seu selo Mar Maior e a obra en galego será publicada na colección de Ensaio da Editorial Galaxia. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos de edición en papel e dixital en castelán e galego do texto gañador, incluídos os de publicación, distribución e explotación. Estes dereitos corresponden, en exclusiva, á Academia Xacobea. Ademais farase entrega de vinte exemplares ao autor ou autora gañador.
Da mesma forma, establécese un accésit sen dotación económica para a mellor obra que non obteña o primeiro premio, á que se lle concederá tamén un diploma acreditativo.
O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que os orixinais presentados non reúnen a calidade suficiente.
4º As obras presentaranse en papel e en soporte dixital (pendrive ou DVD) nun sobre xeral onde conste: “I Premio de Ensaio Camiño de Santiago”. Os orixinais en papel serán enviados por duplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A4, impreso polas dúas caras, numerados, grampados ou encadernados. O orixinal en soporte dixital será enviado en formato PDF.
A obra terá unha extensión mínima de 100 páxinas e máxima de 200 páxinas, a dobre espazo e letra arial 12, con marxes non superiores a 3 cms.
Incluirase outro sobre cerrado no sobre xeral cos seguintes datos no seu exterior: “I Premio de Ensaio Camiño de Santiago”, título da obra e un lema ou o pseudónimo da persoa que sexa a súa autora. Acompañarase no interior do sobre unha copia do documento nacional de identidade, dirección, número de teléfono, correo electrónico do autor ou autora, ademais dunha breve nota biográfica para o caso de que publicase con anterioridade, e una declaración expresa de que a obra non foi premiada ata a data de presentación en ningún outro certame literario, nin obxecto de publicación, nin presentada como traballo científico ou académico ou como proxecto de investigación ante institucións públicas o privadas (teses de mestría, doutoramento…).
Ademais, deberá incluírse no sobre xeral outro escrito en que conste a conformidade do autor ou autora á cesión dos dereitos de edición en papel e dixital en castelán e galego da súa obra para o caso que resulte gañadora, incluídos os de publicación, distribución e explotación.
5º As obras enviaranse antes do 5 de setembro de 2020, á seguinte dirección:

Academia Xacobea.

Pazo de San Roque, número 2.

15781 Santiago de Compostela

6º O Xurado estará composto por cinco personalidades do mundo académico e da cultura designados pola Academia Xacobea, un deles en representación da Editorial Galaxia. Actuará como secretario do Xurado, con voz e sen voto, unha persoa designada para tal efecto.
A composición do Xurado darase a coñecer, con anterioridade a súa reunión, na páxina web da Academia Xacobea (www.academiaxacobea.gal)
7º O Xurado actuará en única sesión, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a correspondente acta.
8º O fallo do Xurado será inapelable e farase en público o xoves 19 de novembro de 2020.
O premio será entregado nun acto oficial que terá lugar a mediados do mes de decembro do 2020, en que estarán presentes representantes da Academia Xacobea e das institucións colaboradoras, da empresa patrocinadora e da editorial, así como os membros do Xurado e o gañador ou gañadora.
O día concreto farase público coa suficiente antelación na páxina web da Academia Xacobea: www.academiaxacobea.gal
9º Non se terá correspondencia sobre a documentación presentada polos participantes. As obras non premiadas serán destruídas unha vez emitida a resolución do Xurado co fin de garantir os dereitos dos autores sobre a orixinalidade da súa obra.
10º A presentación das obras supón a aceptación destas bases por parte das persoas que participen na convocatoria, que ademais teñen o deber de comunicar á Academia Xacobea a concesión de calquera premio ou publicación que obteña a obra presentada durante o transcurso do premio e que producirá a automática a exclusión da mesma.
A decisión sobre os aspectos non incluídos nestas bases ou aqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, correspóndelle á Academia Xacobea, a cal, unha vez consultados os membros do Xurado e as entidades colaboradoras, emitirá ditame, que será inapelable.

Comparte nas túas redes sociais ou por email