Outro premio para Anxos Sumai

Categoría: Nova

Con esta súa estrea na novela xa obtivera o Premio de Narrativa Breve Repsol YPF, que lle valeu a publicación do orixinal por parte de Editorial Galaxia, e foi galardonada co premio á Autora do Ano 2007 nos Premios da Edición convocados pola AGE.

Esta obra que conta a historia dunha liberación a través da ollada dunha muller segue a ser un éxito de crítica e tamén de público, xa que en apenas seis meses da súa publicación vai pola segunda edición.

Os premiados nas outras categorías foron Luis Landero por Hoy, Júpiter, en lingua castelá, e Julian Barnes por Arthur e George en lingua estranxeira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email