Os poemas de “Corpo de Antiochia”, de Tamara Andres, xa se poden ler en alemán

Categoría: Nova

Xa se poden ler dous poemas de Corpo de Antiochia, de Tamara Andrés, en alemán.
Este libro é o primeiro poemario da autora nesta colección, Dombate.

É unha forma de viaxe a través do tempo, das cronoloxías e das maneiras de mirar dunha poeta que quere, nun verso, atrapar os mundo, físicos ou simbólicos, que a circundan. Tamara Andrés demostra, aquí, que é xa moito máis ca unha poeta nova. É unha voz poderosa de seu.

Podedes atopalos no blog Galemán, que traduce poesía galega contemporánea ao alemán e nace do desexo de crear un vínculo poético entre ambas linguas. Velaquí a ligazón:
https://www.galemanpoesie.com/2020/04/24/corpo-de-antiochia/
Agardamos que gocedes da poesía que, a través das verbas, non deixa de crear pontes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email